Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de outubro de 2022

Cinco DJ e tres grupos musicais levarán o ritmo de Coruña42

O Maratón Atlántica contará con animación musical e tamén actividades paralelas ao seu paso pola Casa da auga

O ritmo é clave nunha proba como Coruña42. As persoas participantes no Maratón Atlántica tentarano levar no asfalto, pero tamén haberá ritmo na contorna, o que poñerán cinco DJ e tres grupos musicais residentes nos Locais de Ensaio do Concello dá Coruña.

Coruña42 é unha proba animada tanto na carreira como no que a arrodea. Entre as numerosas actividades e eventos que se desenvolven desde ela, está a ambientación. Fará máis levadía a proba a deportistas e espectadores.

Diso encargaranse, por unha banda, os grupos Obsesión, Os Presuntos e Leftlovers. Ao escenario do Obelisco subiranse as tres bandas, que tocan, respectivamente, pop, rock e metal. Coruña42 dará visibilidade a estes grupos que forman parte dos Locais de Ensaio, un servizo gratuíto do Concello da Coruña para mozos da cidade con inquietudes musicais.

No percorrido estarán tamén cinco DJ da empresa Mas Music, que se situarán noutras tantas localizacións: ao comezo e o final da recta de Oza, no interior do Porto, á altura da praza de Ourense, na Torre de Hércules e na Coiraza do Orzán.

Ademais, Termaria animará a carreira ao seu paso pola Casa da auga con actividades dirixidas.

Un cóctel perfecto para a volta do Maratón Atlántica o vindeiro domingo, 2 de outubro, despois de tres anos de ausencia pola pandemia.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión