Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de setembro de 2023

Comeza a sétima edición do Eco-Rallye da Coruña, puntuable para o Campionato de España de Enerxías Alternativas e no que compiten máis de 40 pilotos

Os concelleiros Gonzalo Castro e Manuel Vázquez asistiron este sábado ao inicio da proba, que busca promover o uso de vehículos deseñados para aforrar enerxía e diminuír a contaminación

O concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, e o concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, asistiron esta mañá á posta en marcha da sétima edición do Eco-Rallye da Coruña, que conta con máis de 40 pilotos rexistrados, superando amplamente o número de participantes da edición anterior.

A proba, que rematará este domingo 17 ao mediodía, terá a súa base no Parrote. Está organizada pola Escudería La Coruña e conta coa colaboración do Concello da Coruña. A entrega de premios aos pilotos gañadores terá lugar mañá, ás 13.00 horas.

Trátase da única proba destas características que se realiza en Galicia, ademais de ser todo un referente na zona noroeste de España. Este ano lévase a cabo a sétima edición da cita, que naceu en 2016, e que ano a ano vai crecendo tanto en número de participantes como en notoriedade.

Na competición, que valora a regularidade e a eficiencia dos pilotos, búscase promover o uso de vehículos deseñados para aforrar enerxía e diminuír a contaminación. Esta cita é, ademais, puntuable para o Campionato de España de Enerxías Alternativas e candidata a acoller o Campionato do Mundo FIA Eco Rally Cup o ano que vén. Outra das características desta cita é que os pilotos non coñecen os tramos do circuíto ata unha hora antes de comezar cada etapa.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión