Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

11 de octubre de 2022

É o segundo ano consecutivo no que os premios ESSA elixen como finalista un proxecto deste Concello

Comeza a votación en liña para os premios europeos de servizos sociais nos que participa A Coruña

O Concello foi seleccionado na categoría de "Premio á Excelencia: Innovación das Cidades para o Cambio Social" pola creación da Oficina Municipal de Apoio ao Pobo Ucraíno OMAPU

A partir de hoxe e ata o 28 de outubro está aberto o prazo de votación en liña para os premios ESSA 2022, nos que o Concello está seleccionado dentro da categoría de Premio á Excelencia pola creación da Oficina de Atención ao Pobo Ucraíno OMAPU). A cidadanía pode votar a candidatura do proxecto municipal no sitio web da ESSA (essa-eu.org) no apartado ESSA 2022 VOTE.

É a segunda vez consecutiva que un proxecto da Concellería de Benestar está seleccionado para estes galardóns. O ano pasado o Concello tamén quedou finalista dos premios ESSA polo traballo desenvolvido durante a pandemia.

A OMAPU, unha ferramenta de atención integral ás persoas refuxiadas ucraínas chegadas á cidade fuxindo da invasión das tropas rusas, foi creada o 21 de marzo de 2022, menos dun mes despois do estalido do conflito. Naceu para dar resposta a todas as necesidades que puidesen xurdir, desde as máis básicas -como teito, alimento e comida- ata outras máis específicas como escolarización das e dos menores, apoio psicolóxico, leccións de español, deportes e actividades de lecer. Tamén se lles prestou apoio ás persoas refuxiadas para realizar trámites administrativos, obter acceso aos servizos sanitarios, xestión de transporte e calquera outra.

Para logralo, o Concello traballou de forma estreita con outras administracións públicas, ONG locais, empresas privadas, voluntariado e cidadanía aproveitando a experiencia e a rede de solidariedade e coordinación consolidada na cidade durante a pandemia. Ata o momento, a OMAPU atendeu a 400 persoas refuxiadas a consecuencia da guerra en Ucraína.

Os premios ESSA concédeos anualmente a Rede Europea de Servizos Sociais (European Social Network - ESN), unha rede de titularidade pública financiada pola Comisión Europea que está integrada por máis de 150 autoridades públicas a nivel local, rexional e nacional, representando a máis dun millón de profesionais técnicos/as de servizos sociais de toda Europa. 

Estes premios pretenden recoñecer a innovación e a excelencia neste eido e destacan novos enfoques de éxito e o traballo continuado realizado polos servizos sociais de titularidade pública.

O xurado dos premios ESSA está integrado por docentes de prestixiosas universidades, responsables dos servizos sociais públicos de cidades europeas e funcionariado da comisión europea entre outros/as profesionais independentes.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión