Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

16 de novembro de 2020

Comeza “Coruña Gráfica 2020”, que amosará o talento local con actividades 100% en liña

A alcaldesa destaca que o programa “ten unha enorme importancia á hora de consolidar e proxectar as potencialidades da escena creativa coruñesa”

Este luns volven as actividades da plataforma Coruña Gráfica, que regresa en formato adaptado á pandemia. Deste xeito, a programación deste ano será 100% en liña, como anos anteriores promovida por Demo Editorial en colaboración co Concello da Coruña. "Coruña Gráfica ten unha enorme importancia á hora de consolidar e tamén proxectar as potencialidades da escena creativa da cidade, neste caso respecto aos ámbitos da banda deseñada, ilustración, humor gráfico e animación", destacou a alcaldesa, Inés Rey.

Catro son as liñas de actividades que propón Coruña Gráfica 2020: o programa Treboada Creativa Online, a actualización do directorio web de autores e autoras coruñesas, o programa Autores en Rede e a exposición virtual O Grafismo da Pandemia.

Treboada Creativa Online consta dun ciclo de charlas/obradoiros en formato vídeo que se emitirán por capítulos a través da canle de Youtube de Coruña Gráfica. Así, o público poderá acceder aos estudios de Santy Gutiérrez (estudio Baobab), Tomás Conde e Virginia Curiá (estudio Algarabía Animación) e Víctor Coyote para descubrir, da man dos propios artistas, os procesos técnicos de creación, a súas ferramentas e os seus sistemas de traballo. As e os autores mostrarán os seus procesos nas disciplinas de humor gráfico para prensa diaria (Santy Gutiérrez), animación stop motion (Tomás Conde e Virgina Curiá) e banda deseñada (Víctor Coyote). Os vídeos iranse subindo á canle de Youtube de Coruña Gráfica, desde o 16 de novembro ata o 31 de decembro, e, naturalmente, o acceso será libre e gratuíto.

Así mesmo, Coruña Gráfica 2020 actualizará o directorio de profesionais vinculados á cidade da Coruña e a súa zona de influencia incorporando ademais novos autores e autoras. A guía Coruña Gráfica (corunagrafica.com) medra con cerca de 100 nomes censados. A guía é unha ferramenta útil para a promoción do sector gráfico profesional coruñés: a visibilización do seu traballo na web posibilita, desde os seus inicios, encargos profesionais de empresas a moitos dos e das creativas que están presentes no directorio.

Como corresponde á situación actual, as redes sociais serán o principal escaparate de promoción, cunha campaña de visibilización. Cada día presentarase o traballo dun ou varios autores con publicacións personalizadas que incluirán exemplos do seu traballo gráfico, para amosar o rico panorama gráfico coruñés nas distintas disciplinas que se engloban en Coruña Gráfica.

Por último, en decembro publicarase unha exposición virtual de traballos de autores locais relacionados coa crise da Covid-19. Trátase dunha escolma de obra gráfica e animacións realizados polos autores desde a corentena de marzo e ao longo deste ano 2020. A mostra supón unha testemuña gráfica colectiva que ilustra, desde diferentes perspectivas, tratamentos e disciplinas artísticas, como os creadores percibiron a crise sanitaria e como a deixaron plasmada nas súas obras.

Todas estas actividades poderán seguirse a diario entre o 16 de novembro e o 31 de decembro nas redes oficiais de Coruña Gráfica, coa dirección do produtor, editor e tamén autor Manel Cráneo, con máis de 25 anos de experiencia no sector profesional da Cultura.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión