Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de xaneiro de 2020

Comeza este venres no Fórum unha nova entrega do ciclo “Sen numerar” coa estrea de “O candil, un musical galego”

Na obra, que se poderá desfrutar ás 21.00 horas, a butaca achegarase á historia de Carmela, que tras unha longa xornada cargando peixe, consegue colarse nunha sala do Pabellón Lino

O Fórum Metropolitano ofrecerá desde este venres unha nova entrega do ciclo "Sen Numerar. Primavera 2020" coa posta en escena, ás 21.00 horas da obra "O candil, un musical galego" da compañía Escola Galega de Teatro Musical. Este apartado incluirá distintos espectáculos para ás persoas adultas pensados por agrupacións galegas de prestixio, moitas delas pertencentes á Rede Galega de Teatros e Auditorios, xunto a outras que chegarán de fóra do país. A peculiarade de contar cun teatro de butacas móbiles permitirá cambiar a configuración tanto do escenario como da ubicación do público, adaptando o mesmo ás necesidades de cada montaxe. En "O candil, o musical galego", a butaca achegarase á historia de Carmela, que tras unha longa xornada cargando peixe no porto da Coruña, consegue colarse nunha sala do Pabellón Lino, un famoso teatro de varietés. Vai acompañada da súa amiga Marica, unha atolada tabaqueira. Alí coñecerán a Elvira, sofisticada cupletista que organiza festas clandestinas para as grandes personalidades do momento.

Por outra parte, a semana pasada empezou no Fórum Metropolitano o ciclo "Todo público" co espectáculo "La niña azul", dos aragoneses Zazurca Artes Escénicas, que dará paso o 1 de febreiro ás 18.30 horas a "Hubo". El Patio virá desde A Rioxa para interpretar unha obra sen palabras que fala do amor, a perda, a soidade, a memoria e o arraigamento. "Hubo" é unha homenaxe aos pobos, ao mundo rural e ás persoas que o habitan.

En marzo, o día 7, poderase desfrutar de "El viaje de Ulises", de Teatro Gorakada, en que a compañía de Euskadi se irá ata o mundo grego para poñer enriba do escenario aos deuses que moraban a cima do monte Olimpo e aos homes que se atreveron a desafialos.

"Todo Público" diríxese ao público infantil (de 3 a 14 anos) e  familiar, cunha oferta que abarca tamén público escolar en horario lectivo. Contrátanse normalmente cinco funcións, catro para escolares e unha para público familiar en fin de semana (sábado ás 18:30 h). As propostas que realizan tanto as compañías do país como as nacionais son moi variadas e van desde teatro con monicreques ou obxectos a medios audiovisuais e danza.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión