Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de xuño de 2022

As actividades achegaranse aos barrios da cidade, aproveitando instalacións como os parques biosaudables, as praias de Riazor e Oza, e áreas verdes como o parque Europa e o parque de Vioño

Comeza o programa Coruña en Forma, que ofrece actividades deportivas gratuítas ao aire libre a toda a cidadanía durante a tempada estival

A participación non require de inscrición previa e tampouco ten límite de idade, e abrangue disciplinas como tai-chi, pilates e zumba, entre outras moitas

O Concello da Coruña pon en marcha esta semana o programa Coruña en Forma, unha iniciativa que ten como obxectivo converter os espazos públicos e urbanos en instalacións deportivas ao aire libre. As actividades comezaron o pasado 10 de xuño nos parques biosaudables da cidade, no contexto das clases de mantemento orientadas ás persoas usuarias das Escolas Deportivas Municipais, e ábrense á cidadanía durante a tempada estival.

Dende este venres, 1 de xullo, e ata o vindeiro 30 de setembro, os coruñeses e coruñesas poderán achegarse ata as diversas localizacións previstas para participar nas actividades, gratuítas, sen necesidade de inscrición previa e sen límite de idade. Aos parques biosaudables súmanse espazos como a praia de Riazor, o miradoiro do Matadoiro, a praza dos Mariñeiros, o campo Johan Cruyff (Novo Mesoiro), a praza dos Avós (Monte Alto), a praza Elíptica (Os Rosales), a praza de Vigo, o Parque Europa (Catro Camiños-A Gaiteira), o parque de Vioño, a praia de Oza e o Barrio das Flores, onde os enclaves destinados á práctica deportiva estarán marcados co sinal amarelo de Coruña en Forma para actividades ao aire libre como tai-chi, zumba, ximnasia aeróbica e pilates. 

Deste xeito, o exercicio físico moderado ocupará parques, rúas, paseos e prazas da cidade, promovendo unha vida saudable e convertendo á Coruña nun espazo deportivo aberto á cidadanía.

Ademais, xa o 8 de xullo comezarán as actividades de lecer activo nas fins de semana, cunha oferta de andainas, roteiros, xogos de orientación e deporte adaptado, tamén ao aire libre, e que se levarán a cabo en diversas localizacións como a Cidade Deportiva da Torre - Arsenio Iglesias, a pista de patinaxe de Durmideiras, a explanada do Parrote, a praza dos Mariñeiros e a rúa de San Andrés, entre outras. 

Todas as actividades de Coruña en Forma serán de libre acceso e estarán supervisadas por profesionais con formación. A programación completa de Coruña en Forma pode consultarse a través da páxina web Coruña en forma .

A primeira semana de actividades do programa Coruña no Mar

Ademais, tamén esta semana, a cidade acolle a posta en marcha do programa de actividades Coruña no Mar, unha iniciativa impulsada desde a Concellaría de Deportes co obxectivo de brindar oportunidades de aprendizaxe á cidadanía en diversas disciplinas deportivas náuticas e acuáticas, como paddle-surf; piragüismo; esnórquel e fotografía subacuática; vela lixeira; windsurf e natación en augas abertas.

Nesta segunda edición, Coruña no Mar ofertou un total de 1.125 prazas. As actividades están dirixidas a nenas, nenos, mocidade e poboación adulta, e levaranse a cabo ata o 2 de setembro, coa vindeira fin de semana como data de inicio: este venres, 1 de xullo, cunha xornada de navegación costeira na dársena da Mariña; xa o sábado 2 de xullo, con sesións de kayak de mar e pesca desde pantalán, que terán lugar no Club do Mar de Santo Amaro e o Club O Puntal, en Oza, respectivamente; e o domingo 3 de xullo, novamente coa dársena da Mariña como punto de encontro, cunha actividade formativa en pesca fondeada.

A programación completa de Coruña no Mar pode consultarse na páxina web específica Coruña no Mar Verán 2022 .

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión