Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

4 de julio de 2021

Comezan este luns as obras de mellora da rede de saneamento da rúa Laxe, en Feáns

A reforma, que conta cun orzamento de 329.854 euros, inclúe a urbanización e humanización da zona

A Concellería de Infraestruturas ten previsto comezar este luns as obras de mellora da rede de saneamento da rúa Laxe, no barrio de Feáns, por un importe de 329.854 euros. A actuación responde a unha petición da asociación de veciños do barrio que lle trasladou ao concelleiro de Urbanismo durante unha visita ao barrio.

O obxectivo do goberno de Inés Rey é dotar de rede de saneamento  ao núcleos tradicionais da cidade e levar a cabo un mantemento óptimo das instalacións necesarias para a correcta condución das augas residuais e o seu tratamento.

Os traballos na rúa Laxe consisten na construción dunha rede separativa que permitirá a recollida, por unha banda, das augas de tipo residual e, por outra, das augas pluviais. Ademais, aproveitando as obras na rede que obrigan a levantar toda a calzada, o Concello urbanizará a rúa creando pequenas zonas verdes e de lecer onde a sección da vía o permita. Mellorarase o estado do pavimento da rúa e a iluminación.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión