Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de abril de 2021

Comezan os traballos para rehabilitar a pasarela do Hospital Materno Infantil

As inspeccións realizadas no inicio do contrato constataron que esta estrutura se atopa nun estado moi deficiente

O Concello comezou estes días cos traballos previos ás obras de rehabilitación da pasarela do Hospital Teresa Herrera Materno Infantil. Esta primeira fase da actuación estenderase até o mércores da semana que vén, polo que se producirán cortes puntuais que impedirán o tránsito das e dos peóns e mais se pecharán os carrís adxacentes á medianeira, na avenida da Pasaxe para a colocación dun guindastre cesta. A reforma inclúese dentro do contrato de mantemento, conservación e reparación das pasarelas peonís e pontes que se cruzan a pé e que están comprendidas dentro do termo municipal. O Goberno de Inés Rey pretende mellorar todos estes pasos peonís co fin de crear unha cidade amable que se poida transitar a pé. Aposta así pola mobilidade branda e por materializar un plan, Coruña camiña, en que a veciñanza sexa protagonista absoluta.

Neste aspecto, as inspeccións realizadas desde o inicio deste contrato se determinou que a estrutura se encontraba nun estado moi deficiente e que era preciso actuar. Estes traballos previos servirán para avaliar con criterios técnicos e mediante ensaios "in situ" o alcance das futuras obras para a súa posterior rehabilitación.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión