Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

10 de agosto de 2021

Compañías e creadores locais, arxentinos e italianos actuarán na 20.ª edición do Festival Manicómicos

O Concello daralle cabida ao circo contemporáneo e ás artes de rúa do xoves ao domingo no parque de Santa Margarida, onde se celebrarán 11 espectáculos e unha gran gala final, nun festival ao que se poderá acceder sen invitación até completar a capacidade

As festas de María Pita acollen desde este xoves a 20.ª edición do Festival Manicómicos, na que a asociación con sede no Castrillón rescatará parte da programación pensada para o ano pasado e que se poderá gozar integramente no parque de Santa Margarida. Con este ciclo, o Concello reivindica a súa aposta polo circo contemporáneo e as artes de rúa como parte da súa programación festiva. O Goberno de Inés Rey ten como prioridade darlle visibilidade ás agrupacións locais que traballan por lles achegar as artes escénicas a todos os públicos. Ademais, este ano cúmprense 20 edicións dunha iniciativa con peso na cidade, un festival referente a nivel estatal e europeo que cada vez recibe máis solicitudes por parte das compañías para participar nel.

A primeira xornada terá lugar no parque de Santa Margarida coa posta en escena ás 12.00 e ás 17.00 horas do arxentino Rolando Rondinelli, que presentará o espectáculo musical "Tip-Tap-Poum". Nesta montaxe, o teatro xestual e o tap-dance farán gozar ao público de todas as idades, con moito xogo da man dun personaxe excéntrico que vén do alén. Con zapatos de claqué, pucheiros, culleres, pratiños e outros elementos sonoros delirantes, o artista transformará o espazo nun concerto teatral, unha obra fresca e espontánea, que dará paso ás 18.00 horas á actuación do pallaso Simone Romanó, que ofrecerá "Hop Hop", unha peza baseada nas artes do circo, o xogo do clown e a interacción co público. Xa pola noite, ás 22.00 horas, Cirkompacto presentará "Hell Brothers", con Rejhuz e Glakghs, os fillos de Satán que chegarán á terra co fin de conseguir as almas dos mortais.

O festival seguirá o venres con Antón Coucheiro, ás 12.00 horas e o seu espectáculo "Sonámbulo", unha viaxe onírica montado nunha cama. O clown italiano Fausto Giori estará ás 17.00 horas e o domingo, ás 12.00 horas, con "Psycho Chicken by Demenzio" para nos facer aboiar dun xeito cómico e orixinal; e a compañía Al Grano pechará a xornada ás 22.00 horas con "Kaldi", obra na que unha moza dará a súa visión sobre o café a través de acrobacias aéreas. Na fin de semana, Manicómicos traerá os monicreques de Tanxarina para converter Santa Margarida, o sábado, nun gran circo en "Titiricircus", ás 12.00 e ás 17.00 horas. Por último, Circo Deriva levará á reflexión con "Ya es tiempo de hablar del amor", ás 22.00 horas, onde, despois de máis de 20 anos de traballo, representarán ese momento en que con 40 anos, as/os artistas deben superar os seus límites corporais.

O día grande será o domingo coa gala, de 19.00 a 21.00 horas, unha gran festa de circo con moito humor, amenizada pola Asociación Cultural Manicómicos xunto a artistas convidadas/os. Estará presentada por Marta Sempre Arriba, que contará con Antón Coucheiro, Simone Romanó, Fausto Giori, Kaena danza tribal, Juanillo Esteban, Iván Casanova, Malala Ricoy, Mónica Paradela, Mere clown, e Paula Quintas.

Os 11 espectáculos e a gala serán de acceso gratuíto sen necesidade de reservar invitación. Deste xeito, as persoas interesadas poderán inscribirse in situ ou levar o formulario xa cuberto da casa a través da páxina web https://coruna.gal/descarga/1453769742065/Formulario-inscricion-espectaculos.pdf.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión