Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de novembro de 2020

Comunicado de continuidade das Escolas Deportivas Municipais

De acordo co previsto na Orde da Consellería de Sanidade do día 4 de novembro de 2020, publicada no DOG núm. 223-Bis da mesma data, Anexos II e III, e logo de realizar as consultas oportunas á mesma consellería, COMUNÍCASE:

1) As limitacións establecidas deben interpretarse no sentido de que sempre a directriz é evitar as actividades físicas e deportivas que supoñan contacto ou cercanía física.

2) A práctica da actividade deportiva federada seguirá os protocolos específicos en función de cada modalidade deportiva.

3) A práctica da actividade física e deportiva non federada deberá facerse de forma individual, mantendo a distancia interpersoal e usando a máscara.En todo caso haberá que respectar o aforo do 50% de cada instalación ou de cada espazo onde se desenvolva a actividade.Poderá haber un monitor ou monitora dirixindo as actividades. (artigo 5 do Anexo II).

4) Queda prohibida, durante o período de vixencia desta Orde, a patinaxe non federada, sexa ou non unha actividade dirixida a menores de idade. (Anexo III).

5) As actividades dirixidas a menores de idade, incluídas as deportivas, poderán realizarse de forma colectiva, sen contacto físico e mantendo a distancia interpersoal, en grupos de máximo 5 menores e un monitor ou monitora e respectando o aforo do 50%. (Artigo 9 do Anexo II). En todo caso deberán levar máscara.

6) O uso das piscinas debe ser exclusivamente deportivo e non recreativo, respectando o aforo máximo do 50%. En todo caso débese garantir que se realiza deporte de forma individual, de tal xeito que non exista cercanía entre as persoas durante a práctica do nado.

As entidades que xestionen este tipo de instalacións deportivas deberán controlar que se cumpran estas normas.

De acordo co anterior:

1. A partir das 00:00 horas do día 7 de novembro de 2020 continuarán as Escolas Deportivas Municipais (excepto as escolas de patinaxe) sempre e cando se cumpran todos os seguintes requisitos:

  1. 50% do aforo.
  2. Traballo individual, sen contacto físico e con máscara.
  3. Distancia interpersoal de mínimo 1,5 metros.
  4. Un monitor ou monitora dirixindo o traballo individual.

Queda expresamente prohibido o traballo en grupo.

As Escolas Deportivas Municipais que se desenvolvan nas instalacións municipais do Club do Mar de San Amaro e Complexo Polideportivo de San Diego deberán desenvolverse cumprindo coas regras anteriores.

No caso de que non se poidan cumprir a totalidade dos requisitos anteriores as Escolas Deportivas Municipais non se poderán desenvolver.

Así mesmo comunicase que a partir do 9 de novembro comezaran as novas Escolas Deportivas Municipais nas que se formalizou a matrícula no período do 29 de outubro ao 6 de novembro.

2. Permanecerán abertas as instalacións deportivas municipais, tanto as de xestión directa como indirecta na modalidade de concesión, que permitan a práctica de deporte federado e deporte non federado individual, sempre que cumpran cos requisitos numerados no punto 1 anterior.En todo caso, garantirase que se cumpran as normas establecidas pola autoridade sanitaria.No caso das piscinas, será obrigatorio que a práctica deportiva se realice de tal forma que soamente permaneza en cada calle unha persoa á vez.

3. Permanecerán pechadas as seguintes instalacións deportivas:

  • piscina as que se lle de un uso recreativo. Considéranse piscinas de uso recreativo aquelas cuxa superficie de vaso non estea divido en calles, de tal forma que non permitan unha división do espazo que poida dar lugar a unha separación interpersoal.
  • pistas de patinaxe exteriores que non estean destinadas a deporte federado.

A Concelleira delegada de Deportes, Monica Martínez Lema

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión