Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de agosto de 2021

Concello e Deputación ratifican o convenio de colaboración na Casa de Acollida e nos pisos de transición para as vítimas de violencia de xénero

A alcaldesa, Inés Rey, e o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, asinaron a prórroga do acordo polo que o organismo provincial apoia con 120.000 euros o mantemento deste servizo “fundamental de cara a mellorar a atención da muller”, segundo afirmou Rey

A alcaldesa, Inés Rey, e o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, asinaron un convenio de colaboración, polo que este organismo provincial cofinancia con 120.000 euros a Casa de Acollida e os dous pisos de inclusión e transición á vida autónoma para mulleres que sofren violencia de xénero no Concello da Coruña. En concreto, esta partida irá destinada aos gastos de mantemento das tres infraestruturas. Para a rexedora, a cooperación institucional é fundamental de cara a mellorar a atención da muller, unha prioridade do Goberno local. Rey destacou a asistencia que se lles dá na cidade ás vítimas de violencia de machista desde que entran pola porta da Casa de Acollida soas ou acompañadas das persoas que teñen ao seu cargo até que pasan por un período de adaptación nos pisos co fin de lograr a inclusión social.

Con esta achega, a Deputación colaborará cos gastos de persoal e correntes, entre os que se inclúen produtos alimenticios, farmacéuticos, roupa ou axudas ao transporte, entre outros.

A Casa de Acollida da Coruña e os dous pisos pertencen á Rede Galega de Acollemento e supoñen un recurso de estadía temporal, atención e recuperación para as mulleres vítimas da violencia doméstica, así como para os e as menores ao seu cargo. Neste espazo, reciben apoio, información e asesoramento en materia social, xurídica e psicolóxica, así como unha orientación para a súa reinserción laboral. O servizo dá cobertura a un total de 26 mulleres, 15 na casa e once nos pisos.

Pola súa parte, o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, sinalou a importancia de fortalecer estes servizos esenciais para afrontar a situación que xera esta lacra social da violencia de xénero. 

Ao acto tamén asistiron a concelleira de Igualdade, Yoya Neira, e a deputada María Muíño.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión