Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de xullo de 2021

Concello e UDC colaboran na posta en marcha de dúas actuacións urbanísticas no ámbito dos campus universitarios

Concello e UDC colaboran na posta en marcha de dúas actuacións urbanísticas no ámbito dos campus universitarios

O Concello e a Universidade da Coruña colaborarán na posta en marcha de dúas actuacións urbanísticas no ámbito dos campus universitarios. O acordo está recollido no incremento dos convenios nominativos aprobado na última sesión plenaria. Levaranse a cabo obras de mellora da accesibilidade na contorna do Espazo de Intervención Cultural da Universidade, Normal. Os traballos consistirán na reposición do pavimento e o derrubamento do peche do edificio. Esta obra segue o plan de apertura deste campus iniciado coa demolición do peche do CUR e a apertura do xardín á cidadanía. No caso do edificio Normal substituirase o actual peche perimetral por unha ringleira de bancos e arboredo, para humanizar e ofrecer á cidadanía un espazo máis amable.

A esta actuación sumaranse as obras para urbanizar a contorna da Escola Técnica Superior de Arquitectura e a Facultade de Ciencias co fin de garantir unha mellor accesibilidade. Trátase do acondicionamento de infraestruturas viarias do campus de Elviña - Zapateira situadas na rúa Fraga e que se atopan moi deterioradas polo uso. Os traballos realizaranse en dúas fases. A intervención terá lugar no tramo da rúa que vai do campus de Elviña ao campus da Zapateira. Ademais de facer unha reparación integral da vía aproveitarase a obra para incluír un tramo de carril bici que una os dous campus.

A alcaldesa, Inés Rey, sinalou que este viario, sobre todo no tramo da praza da Zapateira, "está moi deteriorado polo que é necesaria esta intervención entre as dúas administracións para mellorar o firme e dotar de maior seguridade á zona". As obras, que teñen un orzamento de 120.000 euros, executaranse no verán para alterar o menos posible o tráfico, no caso do viario de Elviña á Zapateira, e a actividade académica do colexio adxacente ao edificio Normal e garantir a seguridade das persoas usuarias do centro escolar.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión