Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de febreiro de 2020

Concello e Xunta pactan a celebración dun concerto en Riazor como antesala do Xacobeo 2021

A débeda do Goberno autonómico á Orquestra Sinfónica abordarase coa creación dunha comisión mixta entre ambas as administracións A alcaldesa, Inés Rey, e o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, perfilaron o cartel, que virá acompañado de citas coa música tradicional galega e grupos da cidade, así como exposicións, congresos e eventos para toda a familia

A alcaldesa, Inés Rey, e o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, abordaron esta mañá a programación cultural que o Goberno autonómico traerá este ano á cidade dentro do proxecto "Xacobeo cidades", unha antesala do que virá en 2021 que a rexedora aplaudiu nesa intención de descentralizar o gran evento de Galicia, "algo que compartín co presidente da Xunta na primeira reunión do 29 de xullo". Rey agradeceu que desde San Caetano non se programe unicamente en Santiago e que se inclúa A Coruña, que albergará un concerto no estadio municipal de Riazor con cabida para 20.000 persoas: "Estamos a falar dun evento de carácter internacional con moita repercusión que irá acompañado doutras citas que fomentarán a cultura e a música tradicional galegas, ademais de formacións da cidade e eventos para toda a familia, un preámbulo do que será o Xacobeo 2021, en que tamén agardamos esa descentralización". A alcaldesa valorou Riazor como o lugar idóneo para facer un evento destas características: "Buscamos un emprazamento con maior capacidade".

Pola súa parte, Román Rodríguez destacou que A Coruña está involucrada na celebración e que no prazo dun mes pecharán datas e nomes do cartel tras asinar un acordo entre ambas as institucións para colaborar na coordinación do mesmo: "O concello cooperará en cuestións loxísticas e de produción xa que "é quen coñece a súa realidade e infraestruturas". Insistiu que o concerto musical suporá o eixo central dunha programación participativa que dará respostas a todo tipo de públicos e acubillo a grupos emerxentes e á cultura de base: "Falamos tamén de exposicións, congresos... unha acción cultural compartida co concello", descentralizada e sustentable "que non sexa flor dun día e poida alongarse no tempo". Para artellalo, o conselleiro sinalou que fixarán unha cantidade económica e que sobre esa cifra, os diferentes promotores do país presentarán as súas ofertas, "non será capricho dos representantes", senón que as persoas profesionais do sector elixirán á formación segundo criterios obxectivos previamente establecidos. Terá un financiamento de base da Xunta e o concello asumirá gastos como parte de produción, a seguridade, a limpeza e o control de accesos.

DÉBEDA Á OSG

Sobre a débeda pendente por parte da Xunta á Orquestra Sinfónica de Galicia, o conselleiro anunciou que ambas as administracións sentarán a buscar unha solución "dentro das marxes orzamentarias" a través dunha comisión mixta: "Valoraremos as circunstancias que rodean a este proxecto historicamente" e afirmou que hai posibilidades para que o financiamento non se vexa mermado e a OSG siga sendo estandarte da cultura de Galicia". Rey apuntou que o mellor xeito de resolvelo é con esta fórmula en que estarán todas as partes presentes.

Canto ao albergue para peregrinos do que Rey e Núñez Feijóo falaron no pasado verán, Román Rodríguez asegurou que desde o Goberno autonómico están dispostos a abordar o tema porque "A Coruña é unha das portas de Galicia do Camiño Inglés, que está medrando en intensidade".

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión