Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de setembro de 2020

Concello, Xunta e ADIF danlle o visto e prace ao convenio para facer realidade a Intermodal

Inés Rey: “Era unha prioridade desbloquear esta infraestrutura, xa que a súa tramitación estivo paralizada durante o últimos catro anos”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, amosou a súa satisfacción polo acordo alcanzado entre o Concello, Xunta e ADIF sobre o convenio para construír a estación Intermodal.

"Este acordo posibilitará que se constrúa a Estación Intermodal, unha infraestrutura que permitirá mellorar a mobilidade non só da cidade, senón de todo o cinto metropolitano. Desde que chegamos ao Goberno local, puxemos en marcha todos os cambios de plan obrigados para facer realidade esta Infraestrutura. Era unha prioridade desbloquear esta infraestrutura, xa que a súa tramitación estivo paralizada durante o último mandato", asegurou a alcaldesa.

Inés Rey prevé sacar a concurso, antes de que remate este ano, a execución dos accesos pola avenida do Ferrocarril. Ademais, lembra que se aprobou unha modificación do plan xeral na zona da Sardiñeira para poder avanzar neste proxecto, que ten un custo estimado duns 80 millóns de euros, entre as tres administracións.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión