23 de diciembre de 2019
A Concellaría de Deportes quere que os mais pequenos sexan os protagonistas do noso “Nadal deportivo e creativo”. Para iso convoca aos alumnos e alumnas das Escolas Deportivas Municipais a participar nun concurso de debuxo e creatividade.
Procedese a publicación da acta da votación realizada o día 18 de decembro na que resultaron agraciados as seguintes participantes, asi mesmo pode ver a obra gañadora en cada unha das ligazóns:
Os gañadores recibiran o seu premio o día 26 de decembro no Palacio dos Deportes de Riazor
Pode consultar a acta na seguinte ligazón:
29 de Noviembre - Convocatoria
MODALIDADES DO CONCURSO
Bases do Concurso (Ou documento adxunto ao pé da notícia)
Participantes: poderá participar exclusivamente os alumnos e alumnas das Escolas Deportivas Municipais que teñan idades comprendidas entre os 6 e os 11 anos cumpridos a 31 de decembro de 2019.
Lugar: os debuxos faranse no Palacio dos Deportes de Riazor nun espazo habilitado ao efecto.
Data: 6 de decembro de 2019 (venres)
Horario: a calquera hora entre as 10:00 e as 13:00 horas.
Dentro de ese horario, os nenos e nenas poden acudir á instalación deportiva e realizar o seu debuxo. Para acceder á instalación será necesario que as nenas e nenos veñan con calzado deportivo.
Durante o tempo do concurso, os participantes estarán en todo momento acompañados polo persoal do Servizo Municipal de Deportes e por monitores, podendo os pais e nais deixalos as 3 horas na instalación para que debuxen e xoguen.
Materiais: poñerase a disposición dos participante o material necesario para realizar o debuxo.
Límite: só se permitirá un debuxo por participant
Inscrición: para participar debese traer cuberto o día 6 de decembro o Anexo I (Ou documento adxunto ao pé da notícia) que se achega a esta convocatoria e que estará publicado na páxina en liña www.coruna.gal/deportes.
Participantes: poderán participar as familias das Escolas Deportivas Municipais.
Neste caso é un concurso colectivo onde pode participar unha unidade familiar (un neno cos seus pais, unha avoa cos seus netos, etc.). O único requisito é que un dos participantes sexa un ou unha alumno/a das escolas.
Os participantes deberán elaborar un adorno de Nadal con material reciclado. Poderán melloralo con algún tipo de coloración ou brillantina. Non obstante, a esencia do adorno ten que ser material xa usado ao que lle temos que dar outro uso.
Lugar de presentación: o adorno de Nadal deberá presentarse nas seguintes instalacións deportivas municipais: CD da Torre, Barrio das Flores ou CD de Riazor.
Prazo: o prazo para presentar o adorno remata o venres 13 de decembro.
Limitación: só se aceptará un adorno por familia participante.
Forma de presentación: deberá vir dentro dunha caixa de cartón (a que poder ser tamén reciclada). A caixa debe presentarse pechada. No interior da caixa deberá incluírse tamén a solicitude para participar no concurso.
Inscrición: para participar deberase cubrir o Anexo II (Ou documento adxunto ao pé da notícia) que se achega con esta convocatoria e que estará publicado na páxina en liña www.coruna.gal/deportes.
EXPOSICIÓN
A concellaría de Deportes reservase a facultade de realizar unha exposición cos debuxos e adornos presentados. A exposición farase no Palacio Municipal dos Deportes de Riazor e poderase ampliar a outras instalacións municipais en función do volume de participantes.
A exposición realizarase ata o día 7 de xaneiro de 2020
SELECCIÓN DOS GAÑADORES OU GAÑADORAS
Para a selección dos gañadores ou gañadoras constituirase un xurado composto por 5 persoas que forman parte da concellaría de Deportes do Concello da Coruña.
Realizarase unha votación mediante un sobre pechado e elixirase un gañador ou gañadora por cada categoría.
A selección do gañador ou gañadora farase o xoves 18 de decembro ás 14:00 horas no Palacio Municipal dos Deportes de Riazor. A selección será pública.
REGALOS PARA OS GAÑADORES
O gañador ou gañadora de cada categoría chamarase por teléfono para que veña a recoller o seu regalo á concellaría de Deportes. Os regalos entregaranse na semana do 23 de decembro.
O regalo consistirá nun lote de produtos relacionados con esta concellaría ou co Concello da Coruña.
DEBUXOS E ADORNOS PREMIADOS
Os debuxos e adornos premiados quedarán en poder da Concellaría de Deportes do Concello da Coruña que se reserva o dereito de reproducir, utilizar e publicar por calquera medio.
O gañador ou gañadora non terá dereito a percibir ningún tipo de retribución económica polo seu debuxo ou adorno creado.
DEBUXOS NON PREMIADOS
Se transcorridos 15 días dende o peche da exposición ao público, non se recollesen os debuxos ou adornos, entenderase que son doados a este Concello, o cal poderá dispoñer deles libremente.
ACEPTACIÓN DAS BASES
A participación no concurso supoñerá a aceptación destas bases na súa totalidade.
Documentos relacionados
18 de abril de 2024
16 de abril de 2024
15 de abril de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible