Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de agosto de 2024

Continúan as actuacións escénicas do Festival Noroeste Estrella Galicia na véspera do inicio dos concertos

Este martes ábrese o prazo de retirada das invitacións para asistir ás actuacións musicais do castelo de San Antón

Este martes continuará o Festival Noroeste Estrella Galicia, na súa sección de Contos do Noroeste e Noroestiño, que por primeira vez leva as artes escénicas ao evento musical gratuíto máis importante do país. Os protagonistas da xornada do martes serán Roi da Costa (ás 19.00 horas na praza do Humor) e Cé Orquestra Pantasma (ás 19.00 horas nos xardíns de Méndez Núñez).

Roi da Costa forma parte da sección Contos do Noroeste e interpretará o seu espectáculo 'A miña vida sendo outro', un show de improvisación e imitación. Pola súa banda, Cé Orquestra Pantasma ofrecerá na sección Noroestiño un espectáculo musical para todos os públicos chamado 'Home orquestra', na que el só toca diferentes instrumentos musicais.

Retirada de invitacións para as actuacións do castelo de San Antón

Por outra banda, este martes poderanse retirar as invitacións para asistir aos concertos programados no castelo de San Antón dentro do Festival Noroeste Estrella Galicia. Poderanse retirar no despacho de billetes da praza de Ourense entre hoxe e mañá en horario de 11.00 a 15.00 e de 16.30 a 19.30 horas e en Ataquilla a partir do martes ás 11.00 horas.

Poderanse retirar un máximo de dúas invitacións por persoa. En caso de que con se complete a capacidade do recinto ao comezo de cada concerto, a entrada será libre ata completarse o espazo. Cabe destacar que o castelo de San Antón non está adaptado para persoas con mobilidade reducida, polo que non se poderá garantir o seu acceso a estes concertos.

As actuacións programadas no castelo son: Leticia Rey (mércores ás 19.30), Martin Kohlstedt (mércores ás 21.00), Trío da Kali (xoves ás 19.30) e Lapido (xoves ás 21.00 horas).

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión