Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

9 de marzo de 2020

“Coruña Suma” amplía os itinerarios personalizados para formar ás persoas en situación ou risco de exclusión social

A Xunta de Goberno aprobará este mércores a contratación de parte dun servizo, que comezou este ano a especializar aos e ás participantes en áreas de informática, novas tecnoloxías de información ou en manipulación de alimentos

A Xunta de Goberno local aprobará este mércores a contratación de varios lotes que forman parte do programa de itinerarios formativos de "Coruña Suma", o proxecto do Servizo Municipal de Emprego co que o Goberno local busca a inserción no mercado de persoas que teñen dificultades para conseguila, a través da activación e especialización nos sectores con máis saídas laborais.

Os novos lotes formativos, que se engloban dentro dun contrato valorado en 2.657.308,38 millóns de euros (IVA incluído) e que están cofinanciados polo Fondo Social Europeo, adxudicaranse ás empresas Siglo XXI Consultores de Formación, SL., Sararte, SL., e Norquality Consultores, SL. e abordarán distintas materias. Estas pertencen a distintas áreas como é a de Informática, para a que está pensada unha programación orientada a obxectos con Java e a xestión comercial de clientes con novas tecnoloxías.

Ademais, daranlle contidos aos módulos transversais de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, de desenvolvemento sustentable, respecto e coidado do medio ambiente, aos módulos formativos en novas tecnoloxías da información e a comunicación e a formación para a obtención do carné de manipulación de alimentos. O proxecto empezou este ano e terá continuidade en 2021 co fin de promover a incorporación ao mercado laboral dunha maneira eficaz e duradeira no tempo.

UN TOTAL DE 19 PROFESIONAIS

En "Coruña Suma", un total de 19 profesionais entre persoal técnico de orientación, intermediación e de coaching laboral imparten formación específica, transversal e complementaria, e ofrecen un servizo de asesoramento individualizado e coaching laboral así como prácticas profesionais e de intermediación para acadar a inserción no mercado de traballo.

O proxecto forma ás persoas participantes nas áreas de Atención a persoas dependentes e infancia, Comercio e Márketing, Actividades físicas e deportivas, Administración e xestión, Hostalaría e Turismo, Industria Alimentaria e Informática e comunicacións. Son, en total, 96 itinerarios personalizados de introdución nos sectores produtivos que teñen as mellores perspectivas de emprego.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión