Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

8 de abril de 2022

Coruña10 agárdate... como atleta ou como voluntario e voluntaria

Dúas son as opcións para participar activamente na sexta mellor 10K de España (segundo a RFEA): podes correr ou axudar como voluntario/a; ambas son indispensables para que a décimo sexta edición desta proba sexa un éxito.

O domingo 24 de abril regresa Coruña10, a sexta mellor 10K de España, segundo a Real Federación Española de Atletismo, e tes dúas opcións para participar activamente nela: disputala como atleta ou formar parte do voluntariado da proba. Ambas son indispensables para que a proba atlética máis popular de cantas se realizan na nosa cidade sexa un éxito.

As inscricións para afrontar o reto dos 10 quilómetros no circuíto máis rápido da historia de Coruña10 están abertas tanto de maneira presencial como telemática e tamén se abre a convocatoria para contribuír como voluntario/a e ser parte da lenda desta carreira.

Esta é unha forma diferente de participar, pero imprescindible. Os e as voluntarias son parte fundamental na organización deste tipo de eventos. Sen eles e elas, sería imposible facer realidade C10. A contribución do voluntariado é indispensable para que as persoas participantes na carreira aspiren a mellorar as súas marcas.

Se tes máis de 18 anos e lles queres brindar a túa axuda aos e ás deportistas, inscríbete aquí

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión