Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de setembro de 2021

Coruña10 está preparada

Artigo de Isidoro Hornillos, presidente da Federación Galega de Atletismo

Son moitas as vivencias que se desprenden dunha carreira tan emblemática como é A Coruña 10. Tanto as e os atletas, xuíces, patrocinadores/as, organizadores/as... percibimos sensacións moi diversas. Pero, todas e todos somos conscientes de que estamos ante a gran carreira da cidade, nai das outras dúas excelentes probas: o Medio e o Maratón.

Os sinais de identidade da cidade herculina están incrustados nesta mítica carreira: participativa, solidaria, respectuosa co medio ambiente, integradora, tolerante... A súa influencia permitiu consolidar hábitos saudables entre a veciñanza. A súa rendibilidade social é innegable e o Paseo Marítimo da Coruña é testemuña día tras día do ambiente festivo deportivo que, especialmente nas semanas previas á súa realización, xera.

Esta edición, ademais, é moi especial. Será a carreira máis masiva de Galicia, ata o momento, tras superar ese período de inactividade pola COVID. O seu liderado, outro trazo máis, permitirá dar paso a outras probas que se disputen en Galicia con posterioridade. Pero Coruña 10 está preparada. Asume retos, desafíos, baixo a responsabilidade dunha organización sólida e compartida entre o concello e a federación.

Detrás de cada zancada flúe o titánico esforzo das atletas e dos atletas, pero tamén latexa con grande intensidade o corazón dunha cidade moderna, fermosa, diferente, que mira ao mar e que pode presumir de contar cunha proba querida e respectada pola súa veciñanza e corredores/as. Longa vida á Coruña 10.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión