Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de abril de 2022

Coruña10 pecha a súa inscrición ordinaria con máis de 2.900 persoas apuntadas

Este martes conclúe o prazo extraordinario para sumarse á proba máis popular do atletismo coruñés

A décimo sexta edición de Coruña10, que se realizará o domingo 24 de abril, pechou este domingo, día 16, o prazo ordinario de inscrición con 2.901 persoas apuntadas á proba máis popular do atletismo coruñés.

A sexta mellor carreira 10K de España, segundo a Real Federación Española de Atletismo (RFEA), mantén aberto o prazo extraordinario de inscrición, vía telemática, a través de www.carreirasgalegas.com , ata este martes 19 de abril. Neste caso, a cota é de 20 euros.

Das máis de 2.900 persoas inscritas, 2.192, o 75,06%, corresponden á carreira absoluta de 10 quilómetros.

Coruña10 é gratuíta para as carreiras de menores, ás que se apuntaron 709 persoas, das que 289 corresponden á categoría de peques.

O ano pasado, no regreso do atletismo popular tras o parón obrigado pola COVID-19, foron 1.400 os/as deportistas que se apuntaron á proba, que entón tiña limitación de inscrición. Só se realizou a carreira absoluta.

O domingo regresan as carreiras de menores para acompañar a proba absoluta, que estrea un circuíto deseñado para bater marcas.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión