Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de febreiro de 2019

Coruña21, un amplo abano de servizos para os seus e as súas atletas

A undécima edición de Coruña21 ofreceralles unha serie de servizos a todas as persoas participantes para garantir a máxima satisfacción das/os corredoras/es antes, durante e despois da competición, que se disputará o próximo 17 de febreiro

Coruña21 celebra este domingo día 17 a súa undécima edición. A competición, do mesmo xeito que en edicións anteriores, contará cun circuíto homologado. O medio maratón proponse, ademais brindarlles ás súas persoas corredoras unha serie de servizos á carreira.

ROUPEIRO

Habilitarase un servizo de roupeiro que estará dispoñible para todas/os as/os corredoras/es, nunha carpa situada nunha zona próxima á zona de saída, no Obelisco desde as 08.30 ata as 09.30 e desde as 11:15 ata as 13.00 horas o día da carreira.

SERVIZOS WC PORTÁTILES

As/os atletas terán á súa disposición baños portátiles situados na saída e na zona do Porto de Oza do trazado de Coruña21.

TEMPO DE CHEGADA

O peche da proba realizarase ás 12:30 h, 2 horas e 30 minutos despois da súa saída. Así mesmo, establecerase un tempo de 1 hora e 15 minutos para o paso polo 10km. Pasado o tempo límite correspondente tanto ao primeiro tramo da carreira, como á distancia total, a persoa participante que siga na carreira deberá retirarse do circuíto oficial de competición.

DUCHAS

Establecerase un servizo de duchas nas instalacións da Cidade Deportiva de Riazor, ao que as/os atletas poderán acceder co seu dorsal, en horario de 11.00 a 14:30 horas.

ENTREGA DE PREMIOS

Realizarase ás 12:30 h no palco situado próximo á meta.

VÍDEO DE CHEGADA

As/os atletas ao consultaren os seus resultados poderán acceder á gravación en vídeo da súa chegada á meta en www.carreirasgalegas.com

CLASIFICACIÓN E DIPLOMAS

As clasificacións colocaranse nos taboleiros informativos na zona de meta. Así mesmo todas as persoas participantes poderán consultar as clasificacións en www.carreirasgalegas.com

Unha vez que se publicaron os resultados de Coruña21 na web www.coruna.gal/carreraspopulares, durante os seguintes días, as/os atletas poderán acceder para descargar o diploma personalizado co seu nome e o tempo realizado.

Ademais, todas/os as/os corredoras/es finisher poderán visualizar a súa entrada na meta a través dos resultados publicados en www.carreirasgalegas.com

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión