Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de setembro de 2022

Coruña42 acelera cara á sostibilidade con Yamaha

A marca de motos e o concesionario Manell Motor colaboran co Maratón Atlántica con oito vehículos eléctricos

O Maratón Atlántica contará co apoio da marca de motos Yamaha e o seu concesionario na Coruña Manell Motor, que subscribiu un convenio co Concello da Coruña, organizador da proba.

Coruña42 acelerará cara á sostibilidade e a ecomobilidade coa marca xaponesa e o seu concesionario na Coruña.

Yamaha e Manell Motor porán ao servizo da carreira oito motos eléctricas.

O próximo 2 de outubro, tanto a proba de 42 quilómetros, que regresa ao calendario atlético da cidade, como a 10 K paralela, dispoñerán dos vehículos de Yamaha para o seguimento das persoas participantes.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión