Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de setembro de 2022

Decathlon premiará ao colexio que conte con máis participantes no Mini Atlántica

Incorpórase á relación de empresas que colaboran con Coruña42

O Mini Atlántica, a versión de Coruña42 para menores de idade, premiará, por xentileza de Decathlon, ao centro educativo que conte con máis participantes nesta proba que se celebrará a véspera do Maratón Atlántica, o sábado 1 de outubro.

A inscrición é gratuíta a través da seguinte ligazón e as persoas participantes terán que confirmar, no momento de apuntarse ao evento, o nome do centro escolar do que proceden.

Co premio ao colexio que máis participantes achega á Mini Atlántica, Decathlon súmase á relación de empresas que colaboran con Coruña42.

Vitalidade, responsabilidade, xenerosidade e autenticidade son os catro valores que inclúe a súa cultura de empresa e que achega tamén ao Mini Atlántica.

Decathlon, do mesmo xeito que o Concello da Coruña, aposta por facer accesible á cidadanía, de maneira sostible, a práctica da actividade deportiva, cos beneficios que leva para a saúde das persoas que fan deporte..

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión