Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

26 de febrero de 2021

Deportes inicia a súa programación gratuíta de andainas guiadas por espazos deportivos da cidade

A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, lembra que o vindeiro luns retoman a súa actividade as Escolas Deportivas Municipais “en grupos de 4 persoas máis o monitor ou monitora”

A Concellería de Deportes inicia a súa programación de andainas guiadas por espazos deportivos da cidade. A actividade, totalmente gratuíta, está inicialmente dirixida ao alumnado das Escolas Deportivas Municipais de máis de 18 anos. No caso de que queden prazas libres, estas abriranse á cidadanía en xeral, sempre e cando sexan persoas maiores de idade.

A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, destaca a importancia de "coidar as persoas usuarias máis maiores das Escolas Deportivas Municipais despois deste último ano" con actividades coma esta. Por outra banda, lembra que o vindeiro luns volverán as Escolas Deportivas, "retoman a súa actividade en grupos de 4 persoas máis o monitor ou monitora", sen contacto físico, con máscara e cumprindo as distancias de seguridade.

Desde a concellería informan de que, seguindo coas restricións para previr contaxios da Covid-19, no mes de marzo as actividades levaranse a cabo con 4 persoas máis un guía.

As andainas do mes de marzo serán as seguintes:

·         Os venres ás 12:00 horas: visita guiada ao complexo deportivo de Riazor (Pazo dos Deportes e Estadio de Riazor)

·         Os domingos ás 12:00 horas: descubrindo o parque escultórico da Torre de Hércules a trote.

Ao remate de cada andaina, as e os participantes poderán repoñer forzas coa degustación que lles ofrecerá Sanbrandán.

As persoas interesadas en inscribirse deberán completar o formulario que se atopa na páxina web de Deportes ou ben chamar ao teléfono 981 18 98 00. As prazas asignaranse por estrita orde de inscrición. O vindeiro 4 de marzo publicarase a listaxe de persoas que obtiveron praza.

Lembran que o uso de máscara será obrigatorio durante toda a andaina, así como respectar as distancias de seguridade entre o público que asista e as indicacións do guía.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión