Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de marzo de 2021

Deportes publica mañá a listaxe do alumnado con reserva de praza para as Escolas Deportivas Municipais

As persoas interesadas en renovar a matrícula nas actividades de piscina poderán facelo previa cita do 5 de abril ao 21 de maio e para as apuntadas a actividades en seco ou xestionadas polo complexo de San Diego e Santo Amaro, abrirase o prazo do 5 de xullo ao 20 de agosto

A Concellería de Deportes establece as datas para a renovación de matrículas nas Escolas Deportivas Municipais para o curso 2021-2022, dirixidas ao alumnado admitido neste curso nas actividades xestionadas tanto polo Concello como polas empresas concesionarias do complexo de San Diego e da piscina de Santo Amaro, e hai dous anos nas actividades da piscina de Riazor. Mañá publicarase na web municipal www.coruna.gal/deportes e nos taboleiros de anuncios das instalacións deportivas municipais unha listaxe de todas as opcións e das persoas ás que se lles reserva unha praza e abrirase un prazo de tres días, até o xoves, para presentaren posibles alegacións. Ao mesmo tempo, as persoas interesadas poderán informarse no 010 ou chamar ao número 981 18 98 00 e consultar o estado da súa renovación.

Antes de formalizar a praza, as e os solicitantes deberán pedir cita previa na web do Concello ou a través do teléfono 981 18 98 00, Ext. 25037 ou 25038. Unha vez solicitada, as persoas apuntadas en actividades de piscina terán do 5 de abril ao 21 de maio para renovala. Os cambios de grupo por idade faranse do 1 ao 8 de xuño de 2021 e para confirmar a reserva, as persoas demandantes deberán acudir aos rexistros da Cidade Deportiva de Riazor ou na da Torre Arsenio Iglesias, en horario de 08:15 a 14:00 horas. Para as actividades en seco, poderanse matricular nos mesmos puntos do 5 de xullo ao 20 de agosto e os cambios de grupo por idade realizaranse do 1 ao 8 de setembro de 2021. Idéntico prazo se abrirá para as opcións que se desenvolvan en San Diego e Santo Amaro. Estas renovacións faranse nos devanditos centros, dentro do horario de atención ao público deses complexos. A listaxe das persoas con dereito a renovación serán publicadas polas empresas concesionarias.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión