Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de xuño de 2024

Derradeiras entradas para o concerto de Queens of the Stone Age deste martes 18 no Coliseum

A banda coruñesa Bala presentará antes o seu último disco

Unha das mellores bandas de rock en directo do momento, Queens of the Stone Age, actuarán este martes 18 de xuño no Coliseum da Coruña, dentro da súa xira mundial 'The end is Nero'. A formación californiana liderada polo cantante e guitarrista Josh Homme conta con éxitos da categoría de 'No One Knows', 'Go with the Flow' ou 'Make it wit Chu'. 

As últimas entradas para o espectáculo están á venda no despacho de billetes da praza de Ourense e a través de Ataquilla. A actuación da banda americana forma parte da estratexia posta en marcha polo Goberno de Inés Rey para posicionar A Coruña como escenario de grandes xiras internacionais.

Este concerto será unha grande oportunidade de ver a banda californiana fóra de festivais este verán, con varias citas confirmadas en Europa. A Coruña súmase así a cidades como Oslo ou Milán, máis cun concerto único para as e os máis fanáticos do rock de Queens of the Stone Age.

Ademais, antes da súa actuación estará sobre o escenario o dúo coruñés Bala, que actuará tamén por primeira vez no Coliseum para presentar o seu último disco: 'Bestas'. A banda formada por Ánxela e Violeta conta xa cunha ampla experiencia sobre os escenarios, con actuacións en diferentes edicións do Festival Noroeste e noutros eventos de todo o país.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión