Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de marzo de 2021

Día Internacional das Mulleres. 8 de marzo

A ONU declarou en 1975 o 8 de marzo como o Día Internacional da Muller. Na súa orixe, nesta xornada reivindicábase o papel da muller no mercado laboral. Hoxe, ademais diso, hai moito máis que reivindicar. A igualdade segue sendo unha carreira de obstáculos.

As mulleres constitúen máis do 50% da poboación mundial; con todo están moi lonxe de conseguir esa mesma cota de presenza e igualdade na sociedade a pesar de seren elas, en gran medida, o principal motor das súas comunidades. Son nais, ministras, directoras, médicas, profesoras... Camiñan lonxe a buscar auga se é necesario, coidan as persoas enfermas, as fillas e fillos, emigran en busca dunha vida mellor para a súa familia e tamén son as máis afectadas polas desigualdades, a pobreza, o cambio climático, a inseguridade alimentaria, a falta de atención sanitaria, a violencia de calquera tipo e as crises económicas mundiais. As súas achegas e o seu liderado son fundamentais para atopar unha solución aos problemas que nos afectan.

Para superar a pandemia de COVID-19 e recuperármonos da actual crise mundial, o mundo necesita da ciencia, e a ciencia necesita as mulleres. As mulleres están na primeira liña de resposta como traballadoras sanitarias e innovadoras, investigan vacinas e deseñan tratamentos pioneiros.

Nesta situación de pandemia, as mulleres do ámbito da ciencia están a conducirnos cara a un mundo máis seguro, a miúdo arriscando as súas vidas, xa que representan o 70% do persoal sanitario e de coidados sociais. A pesar diso, seguen estando infrarrepresentadas nas áreas de liderado e toma de decisións, xa que ocupan só o 30 por cento dos postos dirixentes no sector sanitario mundial.

Para o Día Internacional da Muller de 2021 a ONU escolleu o tema "Mulleres líderes: por un futuro igualitario no mundo da Covid-19". O tema celebra os enormes esforzos que realizan mulleres e nenas en todo o mundo para forxar un futuro máis igualitario e recuperarse da pandemia da Covid-19.

O concello súmase este día á celebración con diversos actos e co lema Mulleres sen límites. A por todas.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión