Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de novembro de 2022

Escolares da cidade participan na última edición do Pleno infantil

Conmemorando o Día Mundial da infancia, os nenos e nenas representantes de oito centros educativos participaron no Pleno infantil realizado no Palacio Municipal de María Pita

O obxectivo desta actividade era ofrecerlles a oportunidade aos nenos e nenas da cidade dun espazo para achegar a súa visión sobre os dereitos dos nenos e nenas (CDN) e como se reflicten na súa vida cotiá, exercendo o seu dereito á liberdade de expresión.

As persoas portavoces, acompañados polos seus compañeiros e compañeiras e profesorado, presentaron as súas conclusións baseadas no traballo que previamente fixeron en clase sobre os dereitos na infancia.

Cada centro educativo traballou nun dereito en concreto: O CPR Escravas do Sagrado Corazón tratou o tema da identidade, o CEIP Salgado Torres a participación, o colexio plurilingüe Karbo a educación, o CEIP Cidade Vella a saúde, o colexio 'Sagrado Corazón Franciscanas o dereito ao xogo, o Calasanz-Escolapios a protección, e fíxoo a ritmo de rap, sorprendendo as persoas asistentes e animando a alcaldesa a intervir, o CEIP Eusebio da Guarda a igualdade e o CPR Salesianos San Juan Bosco a familia.

Presidiu o Pleno infantil 2022-23 a alcaldesa Inés Rey xunto ao concelleiro de Educación, Jesús Javier Celemín e o vogal da xunta directiva de Unicef en Galicia, Julio Fernández Vázquez.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión