Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de decembro de 2021

Esgotado o Bono PRESCO de Estética, impulsado polo Concello con 100.000 euros en descontos destinados a usuarias e usuarios do sector

Os cidadáns poderán seguir empregando os bonos Cultura, Hostalería e Taxi ata o día 31 de decembro

O Bono PRESCO destinado ao sector da estética chegou este xoves ao seu fin tras esgotarse os 100.000 euros en descontos previstos para axudar á reactivación económica do sector. Co bono de estética o Concello promoveu transaccións nos salóns de peiteado e estética da cidade por un valor total de 400.000 euros. 

O plan de incentivos ao consumo do Concello da Coruña (os Bonos PRESCO) activouse o pasado 15 de setembro para toda a cidadanía na súa segunda edición, un programa promovido polo Goberno municipal de Inés Rey para contribuír á reactivación económica da cidade e que contou co apoio unánime dos grupos. 

A finais do mes pasado finalizou tamén o Bono Comercio, cun investimento municipal de 400.000 euros e con vendas no pequeno comercio da cidade que chegaron aos 1,9 millóns de euros. En total, os bonos propiciaron unha facturación de 3 millóns de euros nos distintos sectores aos que van destinados.

Os bonos Cultura, Hostalería e Taxi, vixentes ata o 31 de decembro

A segunda edición dos Bonos PRESCO, cun orzamento de 985.000 euros, destinou 400.000 ao pequeno comercio por medio do Bono 10; 235.000 para o Bono Cultura; outros 200.000 ao Bono Hostalaría; 100.000 euros para o Bono Estética; 50.000 euros para o Bono Taxi. Ata o 31 de decembro, a cidadanía que teña os bonos descargados poderá seguir empregando os de Cultura, Hostalería e Taxi, coa finalidade de que os usuarios os podan desfrutar ata finais de ano ou ata que conclúan os fondos previstos.

20 millóns de euros investidos

O segundo PRESCO, dotado con 6.235.000 euros, súmase ao posto en  marcha o ano pasado polo Concello, que superou os 14 millóns de investimentos en distintas lilas. En total, o Concello da Coruña leva destinados 20 millóns de euros a plans de recuperación, sendo un dos únicos concellos a nivel nacional que ten aínda activo un plan de recuperación con fondos propios para axudar á reactivación económica e para ampliar o escudo social. 

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión