8 de febreiro de 2023
As representacións de abono desenvolveranse do 11 de febreiro ao 10 de xuño
“Muna”, de Ganso & Cia, abre o ciclo cunha obra de teatro xestual e musical
O ciclo de teatro Todo Público amplía esta primavera a súa oferta coa programación de oito espectáculos que se desenvolverán no Fórum Metropolitano e no Teatro Colón desde este sábado 11 de febreiro ata o 11 de xuño.
Este ciclo, que comezará o sábado coa representación de "Muna", a cargo de Ganso & Cía, propón unha programación de teatro para maiores de 2 anos, cunha completa selección de espectáculos coa que iniciar as nenas e nenos no teatro e, en xeral, nas artes creativas, para desenvolver a súa sensibilidade e memoria emotiva.
O programa de abono está composto por oito espectáculos, que se poderán ver no Fórum e no Teatro Colón os días 11 e 25 de febreiro,11, 12 e 25 de marzo, 22 de abril, 13 e 27 de maio e 19 de xuño. Todas as funcións son ás 18.00 horas. Os prezos das entradas serán de 6 euros, aínda que existe un abono, composto por tres entradas para a mesma función, por 15 euros. Os menores de 3 anos teñen unha tarifa de 2 euros. As localidades pódense adquirir na web www.ataquilla.com, no despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres de 11.00 a 15.00 horas e de 16.30 a 19.30 horas e tamén no propio Fórum Metropolitano, unha hora antes de cada espectáculo.
Dentro da programación destaca a estrea no Teatro Colón da obra "Crisálida", de Caramuxo Teatro, unha reivindicación da importancia do comercio tradicional, coincidindo ademais co 20 aniversario da compañía teatral.
A oferta para público familiar na fin de semana complétase cunha programación escolar dirixida aos centros educativos de educación infantil e primaria en horario lectivo, cun total de 36 sesións os dous días anteriores das representacións abertas ao público en xeral, en horario de 10.00 e 12.00 horas. Todas estas funcións escolares, desenvoltas en colaboración coa Concellaría de Educación, serán de balde, dentro da oferta da programación educativa do Concello da Coruña.
As obras incluídas dentro do programa de abono son as seguintes:
Máis Información: www.coruna.gal/cultura
24 de marzo de 2023
24 de marzo de 2023
24 de marzo de 2023
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible