Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

28 de septiembre de 2022

Este xoves, 29 de setembro, desenvolverase un novo percorrido dramatizado na vivenda natal de María Casares

O pase de ‘Reflexos de María’ comezará ás 19.00 horas é será de entrada libre

O Concello da Coruña, a través da área de Cultura, organiza este xoves, ás 19.00 horas, un novo percorrido dramatizado sobre a vida de María Casares, na vivenda natal da actriz. Esta é unha das últimas actividades con motivo do centenario do nacemento da artista, no marco da programación do Ano Internacional María Casares promovida polo Concello, con exposicións coma 'María Casares, actriz océano. Itinerario vital dunha exiliada' ou 'María Casares: Vivencias de infancia e xuventude, 1922-1936', na mesma Casa Museo Casares Quiroga.

'Reflexos de María' é unha proposta de teatro específico para ese lugar coa que se recupera a figura de María Casares, poñendo en valor a súa orixe coruñesa. 'Reflexos' céntrase na infancia da actriz e desenvolve un percorrido na Casa Museo Casares Quiroga, o fogar natal de María. O público percorrerá a vivenda e as vivencias persoais e profesionais da pequena María Casares, interpretada pola actriz Nerea Brey, e visitará todos os pisos da casa familiar.

A peza, creada pola propia Brey e Ernesto Is, ten a súa orixe en 'Despois das ondas' (2022), de Ernesto Is, na que o escritor evoca o regreso de María Casares á Coruña despois de converterse na gran dama do teatro francés. Esta foi a primeira peza dramática longa escrita en galego sobre a vida e a carreira da actriz, que viu a luz en 2019 no Teatro Colón da Coruña. Con motivo do aniversario da actriz, a obra foi reeditada e volverá ser representada novamente na Coruña, nesta adaptación especial. A actividade enmárcase na estratexia do Goberno de Inés Rey para a posta en valor das Casa Museo, cunha variada oferta de actividades para todos os públicos.

'Reflexos de María' terá catro pases. O primeiro foi o pasado día 22 e o deste xoves será o segundo. Teñen unha duración aproximada de 50 minutos e a idade recomendada é de máis de sete anos. As seguintes funcións serán o 3 e 10 de novembro, tamén ás 19.00 horas. A entrada é libre ata completar capacidade, polo que non é preciso inscrición previa.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión