Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

13 de decembro de 2019

Eva Acón subliña a necesidade de poñer en marcha medidas para a inclusión laboral das persoas con diversidade funcional

A concelleira de Emprego inaugura no Fórum unha mostra fotográfica que reflicte o traballo das persoas con discapacidade organizada por Cegasal

A concelleira de Innovación e Emprego, Eva Acón, e o presidente de Cegasal (Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais sen Ánimo de Lucro), José Antonio Vázquez Freire, inauguraron esta mañá no Fórum Metropolitano unha mostra fotográfica do artista coruñés Diego Silva, que reflicte o traballo das persoas con diversidade funcional. Na súa intervención, a concelleira destacou a importancia de visibilizar o labor que realizan nos centros de emprego sen ánimo de lucro para acadar a súa inclusión no mercado laboral.

Acón felicitou os responsables de Cegasal por unha iniciativa necesaria que "nos abre unha xanela ao que se fai nos centros de emprego onde, día a día, comprobades en primeira persoa que outra economía é posible, unha economía", recalcou, "que pon no centro as persoas: a economía inclusiva". A concelleira insistiu na necesidade de promover iniciativas que entendan que a diversidade xera riqueza social e emprego.

Para a concelleira, as fotografías son un testemuño da realidade que se vive nos centros de emprego, "unhas imaxes que nos achegan ao mundo laboral das persoas con capacidades diferentes que se atopan en risco de exclusión social" e destacou que coa nova lei de contratación, a administración favorece a contratación de persoas con diversidade. Mentres tanto, apuntou, "aínda que non temos competencias en emprego, si somos competentes para desenvolvermos accións que sirvan para a inserción laboral de persoas en risco de exclusión e promovermos outro modelo económico baseado na economía social".

Pola súa parte, Vázquez Freire sinalou que na actualidade, Cesagal dá traballo a 1500 persoas con discapacidade en 14 tecidos produtivos de Galicia.

A exposición, que permanecerá aberta ata o 24 de xaneiro na sala Plataforma 14 do Fórum Metropolitano, seguirá percorrendo Galicia como unha chamada de atención sobre un colectivo que ten unha taxa de paro que supera, segundo Cegasal, o 70%.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión