Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de novembro de 2019

Eva Martínez Acón inaugura a primeira xornada do evento Circular Weekend 2019 A Coruña

A tenenta de alcaldesa responsable da Área de Innovación, industria, Emprego e Consumo, Eva Martínez Acón inaugurou o evento Circular Weekend 2019 A Coruña e participou nesta primeira xornada.

Estes días realízase en ACCEDE Papagaio a primeira das xornadas do evento Circular Weekend sobre economía circular. Esta iniciativa pretende explicar como "circularizar" proxectos, empresas e entidades, e para iso expoñeranse casos reais como o da empresa Medatlantia consultoría europea, S. Coop. Galega, unha das empresas aloxadas no Centro de empresas ACCEDE Papagaio.

Fronte ao actual modelo de produción e xestión de recursos, bens e servizos que busca potenciar un consumo a curto prazo, e que está a levar o planeta a unha situación insustentable, proponse como alternativa a economía circular.

A economía circular preséntase como un sistema de aproveitamento de recursos onde prima a redución, a reutilización e a reciclaxe dos elementos e onde os residuos e subproductos se converten en materia prima para a economía circular.

O Circular Weekend terá lugar os días 22 e 23 de novembro, a programación do evento pódese consultar na web: http://circularweekend.org

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión