Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de outubro de 2020

Festival de Deseño #follow20

#follow20 é unha celebración do deseño, un novo festival que busca poñelo en valor, achegándoo á sociedade e dándolle visibilidade ao tecido profesional galego.

9-13 novembro 2020

Desde este próximo luns 9 de novembro a web do festival follow.gal/follow20 acollerá unha completa programación baseada en microdocumentais de deseñadoras e deseñadores galegos (Stories), charlas temáticas entre creativas e creativos galegos (Conversas), un escaparate dixital de creacións galegas (Showroom), unha revisión dixital de portfolios dirixida a estudantado e mocidade profesional (Creative Camp) e unha serie de eventos paralelos (Off). Todos estes contidos permanecerán na web unha vez terminado o festival o venres 13.

O programa dixital compleméntase coa exposición física #novodeseñogalego na praza de Lugo da Coruña, que estará acompañada dunha carpa pola que pasarán diferentes deseñadoras e deseñadores para crear obras en vivo.

Edición #0

Trátase dunha edición 0 porque neste estraño ano serve de lanzamento dun ambicioso proxecto, que terá continuidade o próximo xuño coa primeira edición da Galicia Design Week dentro de #follow21, unha semana dedicada ao deseño en Galicia dentro do circuíto de citas internacionais realizadas en lugares como Barcelona, Londres, Nova York ou México.

Consello Follow

#follow20 conta cun consello asesor formado por 4 profesionais galegos de referencia: David Varro, codirector do estudo de deseño DARDO e director da Fundación DIDAC; Nuria Carballo, directora da axencia creativa Unconventional; Dani Bembibre, director da axencia de branding Costa; e Lola Dopico, directora da escola de moda ESDEMGA.

Protagonistas

As Stories están protagonizadas pola directora de arte Lucía García Rey , a marca de moda infantil The Campamento, a ceramista Verónica Moar, a axencia de branding Costa, a axencia tipográfica NM Type, o deseñador de iluminación Arturo Álvarez, o estudo de arquitectura Castroferro, é estudo de deseño DARDO e a Fundación DIDAC.

Pola súa banda, as Conversas, dedicadas á industria, a estratexia e a comunicación relacionadas co deseño, contan como participantes con Dani Bembibre, o deseñador de mobiliario Isaac Piñeiro, Lola Dopico, a deseñadora de servizos Coca Rivas, Nuria Carballo, a arquitecta Patricia Muñiz, o infografista Artur Galocha, o tipógrafo Marcos Dopico e a deseñadora gráfica Uqui Permui.

100% Carbon Neutral

E #follow20 é totalmente neutro en carbono, un compromiso ineludible coa sustentabilidade, calculando a súa pegada de carbono ao final do festival e compensándoa mediante achegas económicas a proxectos galegos sustentables. Precisamente para mitigar esa pegada, a carpa física estará alimentada por un xerador solar; os carteis que xa se ven pola cidade están feitos de papel reciclado; os flyers, dun papel fabricado con refugallos de algodón e sementes de tomate, que permite plantalos durante a primavera; e tanto a propia carpa como os módulos expositivos serán reutilizados en sucesivas edicións do festival. Todo iso co asesoramento da prestixiosa ONG británica A Greener Festival.

Promotora

A promotora do festival é a axencia visual e creativa coruñesa Follow e conta co patrocinio de Xacobeo 2021 e coa colaboración da Área de Innovación, Emprego e Comercio do Concello da Coruña, da súa axencia irmá de branding e estratexia Urbanlab, do colectivo Fraco, da madeireira Finsa, da empresa de tecnoloxía visual Sinala e da imprenta Verde.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión