2 de mayo de 2020
Previa á final xogarase outro partido entre xogadores da primeira plantilla do Celta de Vigo e o Deportivo da Coruña que tamén poderá ser visto en directo
Mañá domingo, día 3 de maio, xogase a final do I TORNEO CIDADE DA CORUÑA de eSports FIFA 20 entre Dieguiitoo08 e danielcol10. Será ás 21:20 horas, (aprox.), e retransmitida por streaming desde a páxina web do Concello da Coruña eSports Concello Da Coruña - FIFA20 e que disfrutaremos narrada por Xosé Luis Núñez xunto a Oscar Cruz, "caster" especializado en eSports.
Antes da final, ás 20:45 horas, e tamén retransmitido por streaming, e narrado por Pepe Torrente e Santi Peón da cadena Cope Galicia xunto a Oscar Cruz, xogarase o noso primeiro eDerby entre David Simón polo R.C. Deportivo da Coruña e Diego Pampín polo R.C. Celta de Vigo.
Tamén se disputará mañá o encontro que determinará o terceiro e o cuarto posto definitivo deste I TORNEO CIDADE DA CORUÑA de eSports FIFA 20. Será ás 19:30 horas, tamén emitido por streaming, entre os players DOPITRON vs JorgeGallego.
PREMIOS
Ademais, entre o resto de participantes sortearanse os seguintes agasallos:
Neste I Torneo eSports Cidade da Coruña inscribíronse algo máis de 500 persoas das que, finalmente, 444 cumprían as bases da convocatoria. Foronse emparellando en distintas roldas eliminatorias aleatorias ata chegar ás semifinais e a final desta fin de semana.
Desde a Concellaría de Deportes do Concello da Coruña valoramos moi positivamente o elevado número de participantes e o discorrer das distintas xornadas, o que nos leva a considerar outras convocatorias semellantes nun futuro inmediato.
Queremos agradecer tamén a colaboración de Maritime Global Services, da Cadea Cope Galicia, e o traballo dos e das técnicas municipais na coordinación e desenvolvemento deste I Torneo eSports.
18 de abril de 2024
16 de abril de 2024
15 de abril de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible