Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de maio de 2021

Finaliza o programa de Apoio Escolar

Esta actividade retomarase en outubro

O 28 de maio é o último día de apoio escolar (Coruña tardes), programa organizado desde o Servizo Municipal de Educación nos centros cívicos da cidade.

Os talleres de primaria, lectoescritura, implementáronse en 12 centros cívicos. Realizáronse 21 talleres,un día por semana, con duración de dúas horas por grupo e un total de 84 participantes.

Os talleres de secundaria, ciencias, implementáronse en 4 centros cívicos. Realizáronse 5 talleres, dous días por semana, cunha duración de hora e media por grupo cun total de 19 participantes

O total de asistentes ao programa de Apoio Escolar foi de 103 menores.

Debido ás medidas de protocolo Covid, cada aula acolleu a 4 menores. A demanda do programa foi elevada.

Este programa retomarase en outubro.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión