Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de maio de 2022

Florencio Delgado Gurriarán: Letras Galegas 2022

A EIM Monte Alto presenta unha canción dedicada a Florencio Delgado Gurriarán

Este ano as Letras Galegas están dedicadas á figura do poeta, tradutor, editor, escritor e activista Florencio Delgado Gurriarán. Unha festividade que celebra o Servizo Municipal de Educación e, en particular, a Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM).

Entre outras actividades, a EIM Monte Alto presentou a canción dedicada a Florencio Delgado Gurriarán. Ao longo destes últimos anos, a escola foi escollendo un texto das obras dos autores e autoras homenaxeados. Desde Herba pequerrechiña ata hoxe, cada ano a EIM Monte Alto incorpora ao cancionero da escola unha obra que pasa a formar parte da súa historia musical. A voz e música é de Félix Arias, e fai posible e máis grande esta proposta iniciada en maio do 2016.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión