Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de setembro de 2022

Francisco Díaz: “Grazas ao traballo do Goberno de Inés Rey hoxe é posible iniciar as obras da nova estación intermodal”

O Concello aprobou onte a cesión dos terreos para a nova infraestrutura e hoxe presentou o proxecto de reforma integral da avenida da Sardiñeira e a nova conexión entre esta coa avenida de Arteixo, que facilitará o acceso á estación

O concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, Francisco Díaz Gallego, asistiu está mañá na estación de San Cristovo á sinatura da acta de reformulación das obras da nova estación intermodal, un trámite que supón, de feito, o inicio dos traballos para a renovación da infraestrutura. "Grazas ao traballo do Goberno de Inés Rey hoxe é posible iniciar as obras da nova estación", indicou o edil. 

Díaz Gallego lembrou que onte mesmo o executivo municipal aprobou a cesión dos terreos precisa para a execución dos traballos. Hoxe a alcaldesa, Inés Rey, presentou en María Pita un proxecto esencial para esa infraestrutura: a reurbanización da avenida da Sardiñeira e a construción do enlace que conectará a estación coa avenida de Arteixo e que dará un novo acceso e saída ao transporte metropolitano desde San Cristovo. O investimento, que aspira á financiación con fondos europeos, ten un orzamento de 1,8 millóns de euros. 

Ademais, dixo o concelleiro, o Concello da Coruña abordou ao longo deste mandato as modificacións precisas da planificación para facilitar a construción da intermodal, e asinou os correspondentes convenios tanto con ADIF como coa Xunta, acordos que finalmente permitiron desbloquear unha infraestrutura pola que a cidade levaba agardando desde hai maís dunha década. 

A construción da intermodal conta cunha achega municipal superior aos 14 millóns de euros. Permitirá non só mellorar as conexións no transporte público urbano e interurbano, senón que tamén suporán un cambio importante para a contorna, coa renovación completa tanto da avenida da Sardiñeira como da avenida do Ferrocarril.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión