Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de novembro de 2024

Gonzalo Castro pon en valor A Coruña como cidade de referencia para o sector audiovisual, “que ten e terá no Concello un apoio institucional sólido”

O concelleiro de Cultura e Turismo participou este venres no acto de clausura da XVIII edición do encontro i+P ‘Ideas para producir’, organizado polo Clúster Audiovisual Galego no Ágora, entre onte e hoxe

O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, participou este venres no acto de clausura da XVIII edición do encontro I+P 'Ideas para producir', unha iniciativa do Clúster Audiovisual Galego que tivo lugar na Coruña estes dous últimos días e que contou coa colaboración do Concello.

Un cento de profesionais do sector audiovisual, procedentes de moitos puntos de España, participaron nas dúas xornadas de programación celebradas no Ágora, onde profesionais e responsables de destacadas plataformas, televisións e distribuídoras como RTVE, Mediaset, Atresmedia, Movistar Plus+, Amazon, AMC Networks e Warner Bros, entre outras, compartiron as súas experiencias en materia de proxectos de cine e tamén no referente á venda, financiamento, distribución e coprodución de contidos audiovisuais.

Castro subliñou "o compromiso do Goberno de Inés Rey co sector audiovisual, que ten na Coruña e no Concello unha referencia e un apoio institucional sólido", e lembrou que, no que vai de ano, o Concello tramitou máis de vinte permisos de gravación en diversos puntos da cidade, facilitando así o desenvolvemento de proxectos relacionados coa sétima arte, a pequena pantalla e tamén en materia publicitaria.

Ademais, o concelleiro apuntou ao esforzo que se está levando a cabo a escala interadministrativa "para impulsar sinerxías entre os talentos emerxentes que saen, por exemplo, das aulas da Universidade da Coruña e da Escola de Imaxe e Son, para facilitar a súa formación e inserción laboral", aproveitando espazos en auxe como a Cidade das TIC, que contan con instalacións punteiras en materia de audiovisual e dixitalización.

Ademais de Gonzalo Castro, no acto de clausura do I+P 'Ideas para producir' participaron Alfonso Blanco, presidente do Clúster Audiovisual Galego, e Manuel Vázquez Sesmonde, xefe do servizo de Desenvolvemento Territorial e Transición Ecolóxica da Deputación da Coruña.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión