18 de setembro de 2023
Suprimirase un valado de peche que supón un atranco arquitectónico no percorrido peonil actual. Para eliminalo, formalizouse coa propiedade un convenio de cesión gratuíta de solo
O Concello da Coruña, a través da Área municipal de Economía e Planificación Urbana, iniciou hoxe as obras para mellorar a accesibilidade na travesía Ángela Blanco de Soto, situada no barrio dos Castros e na contorna do centro de saúde do Castrillón.
A intervención, promovida polo Servizo municipal de Infraestruturas, está focalizada no treito sur da travesía, onde se acometerá a ampliación da beirarrúa no sector dereito da travesía, onde se suprimirá un valado de peche de case 16 metros de lonxitude que actualmente supón un atranco no referente á accesibilidade das veciñas e veciños, ao sobresaír o peche sobre o percorrido peonil da beirarrúa. A supresión do valado permitirá incrementar os espazos de paso.
Para avanzar na posta en marcha dos traballos, o Goberno municipal aprobou previamente en Xunta de Goberno Local a formalización dun convenio de cesión gratuíta de solo coas persoas propietarias de dous terreos situados na travesía, unha medida necesaria para que o Concello puidese acometer as obras de reurbanización que comezaron este luns.
Ademais, no contexto desta actuación, o Goberno de Inés Rey acometerá a creación dun novo acceso ao paso peonil sur, en saliente, onde se habilitará unha superficie de baldosa podotáctil, en relevo, para facilitar a orientación das persoas invidentes.
O plan de obra tamén inclúe a renovación total do pavimento da beirarrúa neste treito da travesía Ángela Blanco de Soto, e ata a súa confluencia coa rúa Monte das Moas, de forma que a travesía pasará a estar homoxeneizada esteticamente ao incorporarse o mesmo tipo de baldosa que hai nesta última rúa.
16 de xuño de 2024
12 de xuño de 2024
3 de xuño de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible