Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de xullo de 2020

Iberia aumentará en agosto a dúas frecuencias a Madrid e irá incrementando a súa oferta progresivamente a partir de setembro

O Consorcio de Turismo sacou adiante unha proposta de modificación do contrato con Vueling Airlines, S.A. para conquerir melloras tras a situación actual provocada pola Covid-19

A Xunta de Goberno do Consorcio de Turismo aprobou esta mañá a proposta de modificación do contrato con Vueling, S.A., co fin de conquerir melloras tras a situación de inactividade provocada pola Covid-19. Desde a institución anunciouse que tras a recuperación da demanda, Iberia aumentará en agosto os voos diarios a dúas frecuencias a Madrid e que a partir de setembro, irán incrementando a súa oferta en función de como evolucione a mobilidade das e dos residentes no estado.

O presidente do Consorcio, Juan Ignacio Borrego, informou tamén na reunión da actividade que desenvolven as e os traballadores e a do sector turístico que coopera co ente na súa reactivación. En concreto, deu conta da creación do Coruña Convention Bureau, da convocatoria dun comité de seguimento do Plan Estratéxico de Turismo así como da súa coordinación intramunicipal. Pola súa parte, a xerente Lanzada Calatayud presentou polo miúdo o plan de acción que se enmarca dentro do Plan de Choque Post-Covid, que recolle até 70 medidas a desenvolver en doce eidos estratéxicos.

Na xunta de goberno acordouse a aprobación inicial do Orzamento 2020 e a dación de conta de liquidación orzamentaria do exercicio pasado. No caso da proposición para cambiar o convenio con Vueling, votaron en contra PP e Marea, pero o presidente desfixo o empate, polo que quedou aprobado igualmente este punto, que xerou un debate sobre as posibles melloras contractuais a establecer coa compañía.

Na reunión recordouse a figura do ex presidente de Hospeco, Rafa Benito, falecido recentemente e a quen realizarán unha homenaxe por ser peza fundamental para a unión do sector turístico privado da cidade e pola súa colaboración constante coa administración pública.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión