Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de novembro de 2022

Inés Rey: “A conexión ferroviaria garante a viabilidade económica do porto exterior”

A alcaldesa da Coruña acompañou á secretaria de Estado de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, nun percorrido polas obras xa en marcha en punta Langosteira do novo tendido ferroviario

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, acompañou esta mañá á secretaria de Estado de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, Isabel Pardo de Vera, no seu percorrido polas instalacións do porto exterior da Coruña, no que se están a levar a cabo as obras da nova conexión ferroviaria, que permitirá que punta Langosteira alcance a plena operatividade.

Ás instalacións portuarias asistiron tamén o delegado do Goberno, José Miñones; o director xeral do ADIF, Juan Pablo Villanueva; Álvaro Rodríguez, presidente de Puertos del Estado; Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas e Mobilidade; Valentín González Formoso, presidente da Deputación; Carlos Calvelo, alcalde de Arteixo e Martín Fernández Prado, presidente da Autoridade Portuaria da Coruña.

Rey agradeceu o apoio do Goberno central a unha infraestrutura clave para a cidade, tanto no aspecto económico como polo potencial de transformación urbana que ofrece a liberación dos peiraos interiores: "Hoxe facemos posible a completa operatividade do  porto, iso xa é moito, pero realmente supón moito máis, porque hoxe tamén facemos posible unha cidade diferente, unha cidade que recupera para o seu uso urbano o seu porto interior, algo que sen tren non sería viable", indicou Inés Rey.

A alcaldesa agradeceu a Isabel Pardo de Vera a boa disposición amosada sempre para apoiar desde o ministerio ás demandas da cidade, agradecemento que fixo extensivo á ministra Raquel Sánchez "pola súa atención aos proxectos clave desta cidade".

A obra do tren a punta Langosteira impulsouse durante o actual mandato despois de que a alcaldesa reunise por primeira vez a todas as administracións implicadas na transformación portuaria.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión