Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

25 de febrero de 2021

Inés Rey: “A Coruña celebrará este ano o 150 aniversario do momento en que Rosalía de Castro se converteu na nosa veciña”

A alcaldesa da Coruña plantou en Santa Margarida unha figueira procedente da casa familiar da poeta en Padrón, cedida pola Fundación Rosalía de Castro

A alcaldesa Inés Rey desvelou esta mañá que A Coruña conmemorará neste 2021 os 150 anos transcorridos desde que Rosalía de Castro se instalou na cidade, en 1871. A rexedora realizou o anuncio durante a plantación en Santa Margarida dunha figueira procedente da casa da poeta en Padrón, cedida pola Fundación Rosalía de Castro, que estivo representada no acto polo seu presidente, Anxo Angueira.

"Non se pode entender a vida e a obra de Rosalía de Castro sen atender aos seus anos na Coruña e esta cidade ten que afondar na súa relación coa gran cantora de Galicia e as súas xentes", indicou Inés Rey, que engadiu que "a maiores da conmemoración deste ano, a intención é reivindicar A Coruña como cidade rosaliana, como cidade literaria, como cidade de grandes mulleres e, polo tanto, que ese enfoque estea presente todos os anos como un reclamo e un valor máis desta cidade".

A alcaldesa agradeceu a colaboración da Fundación Rosalía de Castro na conmemoración do 150 aniversario, que constará de diversas actividades nos meses vindeiros. O acto inaugural -enmarcado dentro dos actos do Día de Rosalía, que tivo lugar onte en toda Galicia- foi a plantación dunha figueira, que contou coa colaboración, ademais do Concello e a Fundación Rosalía, da Casa das Ciencias e da Asociación científica Ío, responsable de que a Asociación Astronómica Internacional bautizase co nome da poeta unha estrela da constelación de Ofiúco.

"Celebrar a Rosalía non só é poñer en valor unha obra revolucionaria no seu tempo, senón tamén volver amosar o noso compromiso coa cultura galega e coas mulleres que, coma ela, foron avanzadas ao seu tempo e destacaron por un feminismo pioneiro", indicou a alcaldesa, que asegurou respecto á coincidencia co centenario de Emilia Pardo Bazán que "alén doutras cuestións, demostra que o Concello aposta pola difusión cultural e histórica dos nosos grandes valores, cunha especial mirada nas mulleres. Poucas cidades do mundo poden presumir de contar con dúas figuras así en apenas 200 metros de distancia".

Rey falou dos anos en que Rosalía de Castro se instalou na Cidade Vella da Coruña xunto ao seu marido Manuel Murguía, tempo en que naceu a súa filla Amara: "En diversos escritos amosou o seu amor á cidade". Pola súa parte, Anxo Angueira lembrou que hai un ano estaban na Coruña nunha data moi feliz "cando designamos co nome de Rosalía unha estrela e esta vez estamos felices tamén porque temos unha figueira pequeniña que vai medrar como seguro que medra esa relación de Rosalía coa Coruña". O responsable da Fundación Rosalía de Castro destacou que a celebración do 150 aniversario avivará o protagonismo que tanto na vida como na obra ten a cidade para Rosalía, e que a converten nunha capital histórica fundamental do legado da escritora.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión