Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de setembro de 2021

Inés Rey: “A liña 11 do bus urbano volve ao seu percorrido habitual”

A alcaldesa da cidade anuncia que nos vindeiros días o Concello recuperará a parada da avenida dos Mallos tras o remate das obras de saneamento na zona

A alcaldesa da cidade, Inés Rey, anuncia que "a liña 11 do bus urbano volverá ao seu percorrido habitual" nos vindeiros días, pasando pola avenida dos Mallos e recuperando dese xeito a parada que había nesa vía tras o remate das obras de saneamento na zona.

A rexedora explicou que o Concello aproveitou o tempo desas obras para realizar "un estudo das frecuencia, do fluxo de persoas viaxeiras e, en definitiva, para analizar tecnicamente a situación da liña 11 e ver que melloras se poden ir realizando co fin de darlle un mellor servizo ás veciñas e veciños".

Rey apuntou que desde o consistorio sempre se defendeu que se trataba dunha cuestión de carácter temporal e que a parada da avenida dos Mallos vaise manter porque "loxicamente dá un servizo ao barrio".

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión