Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

16 de septiembre de 2022

Inés Rey: “A reforma da rúa Cortaduría amosa o compromiso do meu Goberno coa Cidade Vella e as súas infraestruturas”

A alcaldesa percorreu a vía tras unha minuciosa actuación que supuxo a renovación de todo o pavimento e de varios servizos esenciais

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presentou hoxe a reurbanización integral da rúa Cortaduría tras a finalización dos traballos levados a cabo nos últimos meses nesta vía da Cidade Vella. A rexedora estivo acompañada por Francisco Díaz Gallego, concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade. As obras contaron cun orzamento de 249.350 euros e estiveron financiadas con fondos europeos Eidus. 

Os traballos, deseñados cun proxecto do arquitecto Juan Pinto Tasende, desenvolvéronse ao longo de 464 metros cadrados. O seu obxectivo foi resolver as diferentes deficiencias detectadas na análise realizada tanto do estado dos pavimentos como dos servizos existentes. A rúa atopábase a comezos de ano con tramos de lousas de pedra e outros formados por callaos sobre morteiro. "A reforma da rúa Cortaduría amosa o compromiso do meu Goberno municipal coa Cidade Vella e as súas infraestruturas. Hai poucas semanas licitabamos a reforma da Casa Veeduría, que será dentro de pouco un gran centro social con sala de exposicións, cafetería, zona de estudos, auditorio ou viveiro de empresas", sinalou Inés Rey.

Os traballos levados a cabo polo Goberno municipal supuxeron a derruba de todo ese firme e o almacenamento das lousas retiradas para futuros usos. Urbanizouse toda a rúa con novas lousas de pedra e conservouse a sección actual, reproducíronse as franxas de pedra e substituíronse as franxas de cantos por outras de enlousado de pedra. Reproduciuse tamén o debuxo das franxas para conservalo no novo pavimento. "Tratouse dunha actuación moi delicada e minuciosa. A nosa intención foi sempre a de manter a esencia desta rúa que, coma o resto da Cidade Vella, forma parte do patrimonio da Coruña", apuntou Inés Rey.

Ademais, aproveitando os traballos no pavimento, mellorouse o abastecemento coa substitución de tubaxes, mellorouse o saneamento, soterráronse as liñas de iluminación e da rede eléctrica e instaláronse canalizacións das compañías telefónicas e de Gas Natural.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión