Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

4 de maio de 2020

Inés Rey: “Agora é máis necesario que nunca falar de axuda, memoria, respecto, solidariedade, lembranza ou homenaxe”

O concello decretou hoxe loito oficial e a Corporación municipal gardou un minuto de silencio en lembranza das vítimas da COVID-19.

A Corporación Municipal gardou esta mañá un minuto de silencio polas vítimas do coronavirus. Inés Rey, acompañada polas concelleiras e concelleiros da Corporación, homenaxeou na praza de María Pita as persoas falecidas pola pandemia. As bandeiras do Pazo Municipal ondean hoxe a media hasta.  

A rexedora sinalou que "agora é máis necesario que nunca falar de axuda, memoria, respecto, solidariedade, lembranza ou homenaxe. Unha sociedade adulta sempre ten presentes as vítimas". Para a alcaldesa, unha cidade madura non dubida á hora de recordar a súa xente. "Por iso hai días que declaramos o loito oficial na Coruña. O necesario ánimo colectivo non pode pasar por riba da dor que nos provocou a pandemia. Porque este drama non é abstracto, senón que ten nomes e apelidos. A quen desde aquí lembraremos sempre", apuntou Inés Rey.   

"A Coruña vai coser unha rede de protección para a súa xente. É o mínimo que podemos facer por quen nos deixou. Tamén por quen estamos e as e os que virán, esas pequenas e pequenos que tantas leccións nos están dando nestas semanas". Avanzaremos, apuntou, desde o loito que hoxe representamos oficialmente e ao que lle engadimos espírito construtivo. "Traballaremos coa memoria como motor, porque así se construíu e se construirá esta resistente cidade que chamamos A Coruña", engadiu.  

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión