Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

15 de enero de 2021

Inés Rey agradécelle ao persoal sociosanitario da cidade o seu labor na loita contra a pandemia

A alcaldesa: “Se algo aprendemos desta batalla é que a saúde e a sanidade pública teñen que ser unha prioridade” Presidiu no salón de plenos a entrega de medalla de ouro da batalla de Elviña que outorga cada ano a Asociación Histórico Cultural The Royal Green Jackets

A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta mañá no salón de plenos, xunto ao presidente da Asociación Histórico Cultural The Royal Green Jackets, Manuel Arenas, o acto de entrega da medalla de ouro da batalla de Elviña que a entidade lle outorga este ano ao persoal a área sanitaria da Coruña.e Cee, Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña.

A alcaldesa felicitou a Luis Verde, xerente da Área Sanitaria da Coruña e Cee, que, en nome de todos eles, recolleu a medalla. Rey manifestoulle o agradecemento da Corporación Municipal e de todas as coruñesas e coruñeses "polo traballo incesante dos profesionais sanitarios para combater a COVID-19".

Rey lembrou que ese aplauso ao persoal sanitario, que soaba nos meses de confinamento, debe continuar e debe estenderse tamén a todos os servizos esenciais que traballaron sen descanso durante toda a pandemia.

O Concello, ao longo destes meses, dixo, tratou de cubrir as necesidades da veciñanza, sobre todo da máis vulnerable, e das persoas maiores que loitaron contra unha ameaza descoñecida para a súa saúde.

A alcaldesa sinalou que o Concello está deseñando unha nova entrega de axudas, co fin de que os sectores máis prexudicados sobrevivan e poidan seguir cos seus negocios despois da terceira onda. "Esta cidade ten que seguir estando viva, os coruñeses vivimos de pé e por iso as ameazas nunca nos colleron por sorpresa. Se algo aprendemos desta batalla é que a saúde e a sanidade pública teñen que ser unha prioridade", indicou.

Por iso, explicou, a área sanitaria contará co noso apoio para sentarmos as bases dun futuro onde o hospital duplicará a súa superficie e ampliaranse as unidades asistenciais de Urxencias e da UCI, entre outras melloras.

Rey confía en que asociacións como The Green Jackets conten nun futuro a nosa historia como unha historia protagonizada por unha sociedade responsable e agradecida, como unha cidade que soubo e sabe estar á altura e que nunca se rende ante as adversidades.

Pediulle á cidadanía que cumpra as medidas sanitarias e manteña a distancia social "porque significa salvagardar as nosas vidas, gañarlle a batalla diaria á COVID. E o máis importante até que logremos inmunizarnos contra o noso inimigo é recuperarmos a normalidade das nosas vidas".

Pola súa parte, o presidente da asociación The Royal Green Jackets, Manuel Arenas, falou do labor encomiable de todo o persoal sanitario e indicou que aínda que esta medalla non ten moita relación coa batalla de Elviña, unicamente porque ocupa parte do escenario onde se disputou, o colectivo concordou en que a súa concesión é máis que merecida e afirmou que, nesta situación tan complicada, "a área sanitaria coruñesa garante a atención axeitada fronte á terceira onda".

O xerente da área sanitaria da Coruña, Luis Verde, sinalou que "somos máis de 7000 persoas as que estamos representadas nesta medalla" e asegurou que o recoñecemento social supón un estímulo paras as e os profesionais que tratan de mellorar a calidade de vida da cidadanía, sobre todo, cando vén dunha institución con tanta tradición como The Royal Green Jackets.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión