Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

13 de julio de 2021

Inés Rey amosa o seu apoio incondicional ás entidades de arraigo na inauguración da nova sede de Follas Novas

A alcaldesa recordou a importancia de que institucións como a coral polifónica se renoven e medren co fin de que o traballo que realizan non se perda

A alcaldesa, Inés Rey, asistiu esta tarde xunto co concelleiro Jesús Celemín á inauguración da nova sede da coral polifónica Follas Novas na rúa Francisco Rodríguez Otero, un acto en que o seu presidente, Fernando Sandino, e mais a rexedora descubriron unha placa conmemorativa e a formación interpretou varias pezas do seu repertorio. A alcaldesa, que foi obsequiada cunha figuriña, recordou o apoio incondicional do Concello a esta institución, que con 77 anos de traxectoria, coida da nosa raíz e necesita renovarse e medrar para que o noso patrimonio cantado non se perda. Rey lembrou que as administracións teñen a obriga de impulsar o labor e o esforzo de corais como Follas Novas e que, no caso, do seu goberno isto queda reflectido en iniciativas como Arraigo, dirixidas a asociacións tradicionais, ou co fomento de actividades como o Festival de Habaneiras ou o de panxoliñas, que organiza Follas Novas.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión