Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de setembro de 2022

Inés Rey analiza con eurodeputados os desafíos da transición enerxética na industria

A alcaldesa pediu un plan que teña en conta ás persoas traballadoras do sector e incidiu na importancia de escoitar ás administracións locais

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, participou este luns nunha reunión cunha delegación do Parlamento Europeo que se atopa de visita en Galicia para analizar coas administracións e os principais axentes do sector os grandes desafíos da transición enerxética na industria do norte de España. A representación estivo encabezada polo eurodeputado alemán Jens Geier e o encontro contou coa presenza do vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta, Francisco Conde.

Inés Rey subscribiu as palabras de Geier na busca dun modelo sostible do sector industrial galego e incidiu na importancia de escoitar tamén ás administracións locais. "Somos axentes directos dun modelo de transición xusta. Non só na parte industrial. Contamos con experiencia na busca dunha cidade sostible, con novas formas de mobilidade", apuntou Inés Rey, que puxo como exemplo o modelo coruñés de xestión da auga a través de Emalcsa.

A alcaldesa engadiu tamén que este tipo de transición debe ir da man de políticas de emprego e laborais xustas, "que non deixen a ningún traballador atrás". "Hai que atender a toda a man de obra que leva moitos anos dedicándose a un modelo industrial que está mudando. Hai que reconvertelos para que poidan seguir desenvolvendo unha función importante no sector como ata o de agora", engadiu a rexedora.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión