Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

2 de septiembre de 2021

Inés Rey anima ao sector turístico a traballar conxuntamente nunha oferta que sitúe A Coruña no mapa internacional de destinos

A alcaldesa reuniuse hoxe co sector co fin de presentar as principais liñas de traballo, baseadas na sostibilidade, a dixitalización e a profesionalización do sector

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, reuniuse hoxe co sector turístico da cidade co fin de presentar xunto ao concelleiro de Turismo, Juan Ignacio Borrego, e ao novo xerente do Consorcio de Turismo, Moisés Jorge Naranjo, os principais eixes de desenvolvemento turístico e as liñas estratéxicas de traballo a partir deste momento para potenciar a cidade.

Inés Rey destacou a importancia de aproveitar esta crise para saírmos reforzados, e construír conxuntamente unha proposta turística de calidade "que nos sitúe de novo no mapa nacional e internacional mediante unha oferta única que atraia o novo turismo que está por chegar despois da COVID". Neste senso, a rexedora asegurou que se ten que "aproveitar o camiño percorrido pero darlle un novo impulso apostando pola recuperación e consecución de novas conexións aéreas de Alvedro". "Contades con todo o meu compromiso e vontade política para facer desta cidade un enclave turístico de referencia tanto nacional como internacional", sentenciou.

Nesa mesma liña, o novo xerente apuntou que as liñas estratéxicas serán a sostibilidade turística, a dixitalización dos recursos turísticos e a profesionalización do sector tendo como base o apoio da Universidade. "A partir do luns manteremos reunións con todos os axentes socioeconómicos do turismo da cidade para consensuar o próximo plan estratéxico 2022 que terá que saír do froito do traballo de todos".

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión